Unha tarde de xogos tradicionais e un magnífico magosto xuntaron ás tres etapas educativas na horta do colexio. Os maiores encargáronse de que aos máis pequenos non lles faltara de nada .A ledicia e a diversiòn estiveron presentes durante toda a xornada.
SAN VICENTE 27 SETEMBRO
Un ano máis festexamos o día do noso fundador cunha grande festa.
Primeiro visitamos a capela do cole con celebracións en todas as etapas para poñer o broche final cunha gran chocolata con churros.
(SET. 2024) UN NOVO CAMIÑO POR DESCUBRIR!!
Benvidos a un novo curso escolar! Este ano, máis que nunca, queremos destacar a importancia dun valor fundamental: a paciencia. Nun mundo que se move a un ritmo frenético, aprender a agardar, a respectar os tempos dos demais e a perseverar ante as dificultades son leccións valiosas que queremos cultivar nas nosas aulas.
Sabemos que os primeiros días poden estar cheos de incertezas e emocións, pero é precisamente aquí onde a paciencia xoga un papel esencial. Non todo se resolve de inmediato, e as mellores aprendizaxes levan o seu tempo. Con calma e confianza, imos construíndo xuntos este camiño de descubrimentos e crecemento.
A todos, alumnos e familias, queremos lembrarvos que a paciencia non é só agardar, senón saber facelo con boa disposición e co corazón aberto. Que este curso sexa un tempo de aprendizaxe compartida, de respecto mutuo e, sobre todo, de moita alegría.
Imos xuntos, con paciencia e ilusión, cara a un ano cheo de posibilidades. Benvidos!
ESTAMOS DE VOLTA!!
Despois de tres meses inactiva debido a un hackeo, a nosa web volve a estar operativa. Sentimos os inconvenientes causados e agradecemos a vosa paciencia. Traballaremos para ir actualizando a información.
Grazas polo apoio
CONVIVENCIA VICENCIANA
ADEUS 2023-24
Un ano máis poñemos fin a un curso cheo de actividades, sentimentos, emocións e algún que outro contratempo, pero sempre coa
intenciÓn de aprender e mellorar día a día.
EXPLORANDO O MUNDO DA ROBÓTICA
Os rapaces de 3º e 4º de primaria construiron ao longo deste curso os seus propios robots e deron os primeiros pasos na programación.
Diversión e descubrimento en cada paso…
Tamen os alumnos de 6º de primaria experimentaron coas placas programables. Foron os primeiros pasos na programación por bloques na contorna de Bitbloq.
VISITA APÍPOLIS
SAÍDA CULTURAL SANTIAGO-CERCEDA
O alumnado de 1º e 2º ESO realizamos o pasado 20 de xuño unha visita cultural pola zona vella de Santiago de Compostela, na cal coa axuda dunha guía, descubrimos unha morea de curiosidades sobre os edificios máis antigos desta fermosa cidade. Logo deste recorrido acudimos ao parque acuático de Cerceda onde comemos e desfrutamos das atraccións mentres o tempo o permitiu.