MASTERS IN FOOD

Os alumnos de Quinto de Primaria estivemos traballando, durante todo o mes de marzo, arredor da alimentación saudable. A nosa aula pasou a ser unha academia de chefs donde cada equipo representaba un determinado restaurante ao cal nós mesmos lle puxemos nome. Esta preparación na academia de chefs permitiunos presentarnos ao concurso “Master Chef Healthy Edition”, no cal presentamos un prato saudable deseñado e elaborado por nós mesmos poñendo en práctica todo o aprendido. Despois, aquel que foi considerado máis saudable por parte de todos os participantes resultou ser o prato gañador.

Traballamos en equipo, aprendemos un montón de cousas novas, puxemos en práctica a nosa creatividade e, sobre todo, pasámolo en grande!

Se queredes coñecer máis en profundidade como foi o desenvolvemento do noso proxecto “Masters in food” invitámosvos a ver este vídeo:

CROSS PROVINCIAL

O pasado venres 12 de abril celebrouse no circuito Virxe do Loreto en Porto do Son o campeonato provincial de Cross cunha actuación máis que destacada dos nosos alumnos Adrián Salgado e Juan Pardavila. O primeiro deles, na categoría benxamín masculino, acadaou un meritorio 12º posto dun total de 98 participantes, pola súa parte, Juan Pardavila volveu conseguir o 2º posto a nivel provincial por segundo ano consecutivo. Noraboa alumnos!!!

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O 2 de abril é unha data moi significativa no noso calendario. Conmemorase o día mundial do Autismo e no noso cole aproveitamos para aprender un pouquiño máis sobre as características dos autistas, para compartir experiencias e para concienciarnos, unha vez máis, que a linguaxe do amor é a máis importante.

ACROSPORT

Dende a área de Educación Física, así rematamos o Segundo Trimestre…. Vamos a polo Terceiro.Ánimo!

“Reciclaxe Show”
Na clase de Primeiro de Primaria realizamos unha buxaina e diferentes xogos con material reciclado. Que éxito!

“Xoguemos á Oca da Paz”.
Na clase de Segundo de Primaria realizamos o conocido Xogo da Oca para repasar diferentes contidos traballados.
Pasámolo xenial!

“O Acrosport”.
Na clase de Quinto de Primaria elaboramos e divertímonos realizando diferentes figuras e pirámides.

APRENDEMOS VIAXANDO!

Os alumn@s do terceiro ciclo de primaria viaxan a Vilasantar para ver de cerca como funciona unha cooperativa participando activamente nas actividades programadas.
Tempo de lecer no Parque do Pasatempo e visita á cidade máis antiga de Galicia descubrindo os tesouros da Idade Media .

O golfiño Manoliño

O pasado mércores día 20 de marzo, os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria asistimos a un espectáculo no Auditorio Municipal de Ribeira que levaba o título de: «Confi, o golfiño Manoliño».

Aprendemos que o mar está a verse amenazado por diversas actividades humanas, e que a súa protección require unha actuación rápida para a conservación da vida mariña e os animais acuáticos da zona e para preservar o delicado ecosistema do noso planeta. Pasámolo xenial!