Os alumnos máis pequenos desfrutan da clase de inglés compartindo emocións,ideas e decisións fomentando un traballo en cooperativo.

Este mércores o alumnado de terceiro e cuarto curso participou nunha fantástica xornada de multideporte xunto co colexio CEIP O Grupo no polideportivo A Fieiteira.
Ao longo da mañá desfrutaron de diferentes actividades como fútbol, baloncesto, floorball e brilé.
Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que non faltaron a colaboración, o esforzo, o compañerismo e as risas.
Parabéns a todos e todas pola súa participación e actitude.



O venres 26 celebramos na capela do colexio a festividade do noso fundador San Vicente de Paúl que coa súa vida ensinounos a mirar máis alá de nós mesmos e adicar máis tempo e cariño aos que o necesitan.
Un novo curso cheo de oportunidades para aprender, compartir e crecer.
Unha gran chocolatada con churros , na horta do colexio, puxo o fin de festa a este día tan importante para todos os vicencianos.


Este curso no colexio estamos a traballar o valor do coidado, e para acompañarnos nesta viaxe decidimos ter unha mascota moi especial: unha tartaruga.
Ao longo da semana o alumnado participou con moita ilusión nunha votación para escoller o nome que levaría a nosa nova amiga. Foron moitas as propostas creativas e, despois de sumar todos os votos, xa temos resultado:
👉 A nosa tartaruga chámase Sami.
A partir de agora, Sami acompañaranos en diferentes actividades e lembrararanos cada día a importancia de coidar de nós mesmos, dos demais e tamén do noso entorno.

Despois da chegada da nosa mascota ao colexio cedida polo amigo Luis ,quen mellor que o veterinario para ensinarnos os coidados que precisa a nosa tartaruga.
Alejandro Llovo visitou esta semana o noso centro, conversando co alumnado e respondendo as súas preguntas. Mostrounos curiosidades que descoñeciamos e concienciounos para ser bos coidadores.

No noso centro está en funcionamento a iniciativa da “maleta mariñeira viaxeira” do CEIDA, unha colección de libros e álbumes ilustrados sobre o medio mariño.
O seu obxectivo é achegar ao alumnado a cultura mariña, dar a coñecer os océanos e reflexionar sobre os problemas ambientais que os afectan, como o cambio climático ou o lixo mariño.
A maleta estará dispoñíbel no centro durante un mes, nos cursos de 1° a 4°.


