DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril conmemoramos o Día do Libro con diferentes actividades nas que os alumnos participaron baixo o lema “ As palabras crean mundo”.

A figura de Cervantes estivo presente  representando o valor da palabra e o poder da imaxinación  na literatura.

CRISTÓBAL COLÓN

Cristóbal Colón: o navegante que cambiou a historia! 🧭🗺️⛵️
Os alumnos de 5ºE.P levaron a cabo un proxecto de investigación sobre Cristóbal Colón coa posterior exposición na clase. Profundizaron na súa figura histórica o que deu  lugar á reflexión, aos descubrimentos, avances e as consecuencias humanas.
Axudoulles a entender como unha soa viaxe transformou a xeografía, a economía e a historia do mundo para sempre.

ROSALÍA DE CASTRO

Os alumnos de 4º E.P. realizaron un proxecto sobre Rosalía de Castro. Descubriron que non só era unha gran poetisa,senón tamén unha muller que quería moito á súa terra e á súa xente. Ensinounos que a nosa lingua é fermosa na que podemos contar historias, sentir e soñar.
Foi unha muller valente e loitou coas súas palabras para defender Galicia. Grazas a ela o galego segue vivo hoxe nos colexios, nos libros e nas casas.
Rosalía de Castro é símbolo de Galicia.

LOPIVI

Formación do profesorado sobre a LOPIVI (Lei Orgánica de protección integral á infancia e a adolescencia frente á violencia) unha normativa que busca garantizar entornos seguros para a infancia  e da importancia de comunicar aos organismos competentes sobre as sospeitas que vulneren eses entornos seguros.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.