UN CONVIDADO ESPECIAL

UN MAIO CULTURAL CUN CONVIDADO ESPECIAL

A tarde do 24 de maio no noso colexio foi moi intensa. En realidade foi absolutamente marabillosa. Recibimos a visita de Francisco Castro. Logo de ler os alumnos do 1º ciclo da ESO e 6º de Primaria o seu Chamádeme Simbad, e o 2º Ciclo, O segredo de Marco Polo , tivemos a sorte de que se achegara a Oleiros para compartir connosco a vitalidade da súa escrita, as razón polas que chegou á literatura, como naceron as súas novelas…

 simbad marco polo fc

Recibímolo cun estudo de radio, Radio Náufrago, onde Miguele Pablo Tomé (4º ESO)debutaron como locutor e técnico de son respectivamente. A presentación comezou con Heroes da Resistencia de NAO, e logo o Coro do colexio, dirixido pola profe Sara, cantou o Hello, Goodbye dos Beatles.

Francisco Castro acadou o recoñecemento á súa obra con diversos premios: o Frei Martín Sarmiento por Un bosque cheo de faias e tamén por Chamádeme Simbad. O  Blanco Amor de novela longa con Spam. E tamén o Premio de Novela Manuel García Barros, coa obra As palabras da néboa. O Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano con O ceo dos afogados.

Obtivo tamén premios relacionados co xornalismo e a poesía. Os seus libros xa se traducen a outras linguas.

Da súa escrita despréndese unha gran vitalidade, un inmenso amor pola lingua e pola terra. Cando o lemos percibimos os afectos, do mesmo xeito fai poesía dun momento cotián, como nos plantexa a súa fonda preocupación polos problemas da actualidade.

O autor de Xeración Perdida, In Vino Veritas, O neno Can ( escrito xunto con FinaCasalderrey)…. tamén escribe na prensa galega e na Internet. No seu blog A Canción do Náufrago atoparedes comentarios sobre a actualidade, ou o seu parecer sobre a lingua, os afectos, a fotografía, a música…… unha das súas grandes paixóns.

P1000736  P1000749

P1000770 P1000750

A súa charla foi amena e divertida, moi entrañable e cercana. Así que para unha tarde estupenda, un bonito final: asinounos a cada un de nós os libros que lemos.

 

P1000761 P1000773

Moitas grazas Francisco, por vir.

 

 

 

XXI CONCURSO LITERARIO

As alumnas Carmen Aliseda Ces ( 5º Ed. Primaria)  e Sheila Pérez Vázquez (3º Ed. Primaria) levaron o 3º premio de prosa e poesía respectivamente no Certame Literario organizado polo Concello co gallo do día das Letras Galegas.

Parabéns

FESTA DA PALABRA 2013

Un ano máis celebramos en Secundaria a Festa da Palabra.

No Salón de Actos do colexio reunímonos os catro cursos da ESO e revisamos da man de Óscar Montero ( 3º ESO)  a historia da conmemoración das Letras Galegase a vida e obra do autor homenaxeado: Roberto Vidal Bolaño. Presentou o acto Carmen Méndez (4º ESO), que deu paso a continuación á adaptación do texto de Sechu Sende “Nin en soños vou perder a miña lingua”, da que se encargaron Alberto Fernández e Carmen Cadaval (3º ESO) nunha magnífica interpretación de monicreques.

DSC_0248

Para rematar, un grupo de alumnos de 4º presentaron os seus videos promocionais sobre  a lingua: “En galego tamén se pode” e “Ti, por que falas galego?”

Estes son os enlaces nos que podedes velos:

http://www.youtube.com/watch?v=i3sNDCqroII

http://www.youtube.com/watch?v=YHaLJr_Abs0

O noso Exército das Letras foi o encargado de convidar a alumnos e profesores a unha nova edición da xa nosa tradicional Festa da Palabra.

DSC_0246

Parabéns rapaces!