A MÚSICA DENTRO DAS AULAS

Pop, folclore, clásico,… o noso colexio encheuse de novos sons para celebrar o Día da Música.

IMG-20131122-WA00042013-11-22 15.58.53

Convidados moi especiais, entre os que se atopan mestres de música da zona e antigos alumnos e actuais, encheron a nosa xornada de fermosas melodías que nos lembraron temas actuais e clásicos.

IMG-20131122-WA0001DSC01021 (1)

A xornada que tivo lugar o venres 22 de novembro, día de Santa Cecilia, congregou a alumnos de 6º de E.P. e Secundaria nunha viaxe a través da música.

 

2013-11-22 16.19.052013-11-22 16.14.37

TODOS COA POESÍA

O pasado 15 de novembro levouse a cabo un Obradoiro de Poesía para o 3º Ciclo de E.P.

DSC00885 DSC00879

Transcorreu a cargo do avó dunha alumna ( médico de profesión) e afeccionado a escribir poemas dende a súa xuventude.

Intentou trasmitir aos rapaces a importancia de plasmar por escrito  os sentimentos e vivencias importantes ao longo dunha vida.

DSC00888DSC00887

A resposta dos nosos rapaces coa súa atención e motivación fixo que a  actividade resultase un éxito, rematando coa lectura de poemas elaborados polo eles mesmos que tamén resultou de agrado para o noso comunicador.

DSC00893DSC00882

 

 

 

 

SAVE THE CHILDREN

DSC_0720DSC_0719

DSC_0721

Como cada ano, o 20 de novembro, Día dos dereitos da Infancia,  participamos desde o noso centro na  carreira  «Kilómetros de Solidariedade”, apoiando o labor humanitario da ONG Save the Children.  Hai 3 anos que nos distinguiron como «Centro Embaixador» pola nosa participación continuada ó longo dos 10 últimos anos.

DSC00963DSC00970

Resultou todo un éxito. A colaboración  de alumnos , profesores e pais,  fíxoo posible.  Dende os máis pequenos, que participaron dentro do colexio con carreiras de obstáculos,  ata os alumnos da ESO, que fixeron unha ruta ó monte Tahume  a pé ou  en  bicicleta,  puidemos colaborar nun proxecto de axuda ao pobo de Filipinas.

DSC00978DSC00981

 

 

DSC00985DSC00990

Estamos moi satisfeitos de poder colaborar  a través desta actividade solidaria.

 

MAGOSTO ESCOLAR

O pasado venres 15 de novembro celebramos no colexio o Magosto.

2013-11-15 16.35.28

 

Coas castañas que aportamos os rapaces, fixemos pola tarde unha festa entre castañas, música e xogos populares.

 

2013-11-15 15.30.192013-11-15 15.30.11

 

Mentres Infantil e Primaria comiamos as castañas, os maiores de Secundaria xogaron un partido de fútbol no campo de herba da horta.

2013-11-15 15.45.262013-11-15 15.45.13

 

DSC00910

Asando as castañas tamén o pasamos moi ben!

DSC00918DSC00927

Quecemos o frío, estivo xenial!

DSC00907

 

Que facer se hai un incendio.

O Parque de Bombeiros do Concello e Protección Civil organizaron conxuntamente o mércores 13 de novembro un simulacro de incendio no noso cole. Ademais tamén contamos coa presenza da Policía Local e Nacional.  A media mañá, escoitamos un timbre moi longo, polo que axiña nos dispuxemos a saír do centro despois de pechar as ventás e as portas da clase. Baixamos en ringleira ata o patio, e xuntámonos por cursos para comprobar que non faltara ninguén.

Attachment-1

 

Axiña nos demos conta de que se trataba dun simulacro de incendio, polo que xa quedamos máis tranquilos. Antes de volver  a clase, os nenos puideron subir aos vehículos de extinción e comprobar así de primeira man o seu funcionamento. Foi unha experiencia moi interesante.

 

bombeiros

 

O noso agradecemento ao Parque de bombeiros, Protección Civil e Policía Local e Nacional.