DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este venres, con motivo da celebración do Día da Paz, o IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira) en colaboración co PEN Clube Galicia, convídanos a asistir co noso alumnado de 2º ciclo da ESO, á representación «Paz e Pan» do actor, director e narrador teatral, Quico Cadaval.

IMG-20140129-WA0001

Asimesmo, aquí vos deixamos o convite para asistir todo aquel que o desexe,  ese mesmo día ás 20,30 no Centro Cultural Lustres Rivas á velada poético-musical na que intervirán Yolanda Castaño  e Najla Shami.

IMG-20140129-WA0000

Agardamos vervos alí!!!

 

A SANTIAGO

Os alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria disfrutamos dunha xornada escolar fóra do centro o 15 de xaneiro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Paseamos polas rúas do casco histórico de Santiago, ata chegar á catedral. Aquí estamos na Praza da Quintana, unha das máis importantes do conxunto histórico da cidade. Está rodeada polo muro do Mosteiro de San Paio de Antealtares, e as casas da Conga e da Parra, que se pode ver ao fondo na fotografía. A Quintana é un punto de encontro dos peregrinos, xa que alí está a Porta Santa.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

Despois, asistimos á obra de teatro “Step by step”.

 

 

 

entrada_museo

Para rematar unha mañá moi produtiva, visitamos o Museo do Pobo Galego, onde nos adentramos nos campos do mar e a agricultura.

mar1  mar-006

Así,na sala adicada ao mar, puidemos seguir o proceso de construción dun pesqueiro, e ver as distintas artes de pesca.

  campo-006

agro1

E na adicada ao agro, os distintos apeiros de labranza.

… e 4º de E. INFANTIL…

3anos23anos203anos   Os nenos de 3 anos disfrutamos decorando a árbore de NADAL. O noso amigo Sam non perdeu detalle e tamén quixo axudar.

3anos5  Traballamos a cor vermella a través das manualidades de Nadal.

3anos14    3anos3

No SAMAÍN elaboramos unhas cintas de morcegos e limpamos unha cabaza na aula.

3anos113anos17

 

3anos13

 

3anos63anos16

Irene trouxo a súa cabaza preparada da casa.

SAVE THE CHILDREN

Os máis pequenos colaboramos no Día dos Dereitos da Infancia, cunha carreira solidaria con obstáculos.

Logo animamos ós maiores nas carreiras e pasámolo moi ben!

3anos93anos8

 

3anos12