Onte foi unha tarde moi emocionante! Agardabamos unha visita especial todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO. Tivemos a gran sorte de poder escoitar a unha das persoas máis activas e relevantes no mundo da lingüística actual: o escritor e profesor Carlos Callón.
De maneira amena e divertida, contounos anécdotas dos seus libros e explicounos as razóns polas que dende hai moito tempo leva traballando a prol dos dereitos lingüísticos dos galego-falantes. Tamén puidemos charlar con el e transmitirlle as nosas inquedanzas e dúbidas sobre o seu traballo, ou a situación e o futuro do galego.
Aínda tivo tempo de asinarnos os exemplares do seu último libro: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
3º de ESO encargouse de prepararlle unha calorosa benvida, e Óscar Boo e Alberte Fernández de 4º de ESO elaboraron un video que podedes ver na canle de Youtube: Benvida a Carlos Callón.
Moitísimas grazas por vir e compartir connosco unha tarde tan interesante!