Podedes botarlle unha ollada ao traballo feito polos rapaces e rapazas do cole no nº 2 da Revista escolar Gándara.
Á dereita, na páxina web só tendes que premer na revista 2013-2014.
E a disfrutala!
Feliz verán a tod@s!!!
O vindeiro curso 2014-2015, as clases en Ed. Infantil e Primaria escomezarán o día 10 de Setembro. Na ESO escomezarán o día 15.
Aqueles alumnos con materias pendentes da avaliación de Xuño, poderán presentarse ás probas de Setembro, que están distribuidas na seguinte táboa:
DIA 1 |
DIA 2 |
DIA 3 |
||||
|
|
|
||||
9:00-10:00 | MATEMÁTICAS | 1º ESO | L. CASTELA | 1º ESO | L. GALEGA | 1º ESO |
2º ESO | 2º ESO | 2º ESO | ||||
3º ESO | 3º ESO | 3º ESO | ||||
4º ESO | 4º ESO | 4º ESO | ||||
10:15-11:15 | INGLÉS | 1º ESO | TECNOLOXÍA | 1º ESO | FRANCÉS | 1º ESO |
2º ESO | 2º ESO | 2º ESO
3º ESO |
||||
3º ESO | 3º ESO | 4º ESO | ||||
4º ESO | 4º ESO | |||||
11:30-12:30 | C.NAT. | 1º ESO | FIS. E QUIM | 3º ESO | RELIXIÓN | 1º ESO |
2º ESO | 4º ESO | 2º ESO | ||||
3º ESO | ||||||
4º ESO | ||||||
12:30-13:30 | BIOL.E XEOL. | 3º ESO | C. SOCIAIS | 1º ESO | MÚSICA | 2º ESO, 3º ESO |
4º ESO | 2º ESO | PLÁSTICA | 1º ESO, 3º ESO | |||
3º ESO | ÉTICA | 4º ESO | ||||
4º ESO |
Informamos que o vindeiro 25 de xuño ás 19:00 horas terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2014-15.
Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro para formalizar a matrícula en outro horario.
Este ano dende o concello convidouse a todos os centros do municipio a participar nunha exposición dos proxectos realizados ao longo de todo o curso.
O noso centro participou cun amplo abano de actividades: dende a elaboración de contos, ata traballos en marquetería ou papel maché.
Dende todas as materias que abrangue o currículo traballouse de diferentes formas para poder alcanzar os obxectivos propostos.
No apartado de convivencia aportamos a nosa experiencia nun taller de oración e a nosa participación durante dez anos coa O.N.G Save the children.
O grupo de teatro ATALAIA visitou o noso colexio para levar a cabo unha xornada de animación a lectura na que participaron todos os alumnos de E. Primaria e o último curso de EI.
Todas as sesións xiraron en torno á competencia social e cidadán, partindo dos conflitos dos alumnos, propios de cada idade. Eles víanse reflectidos e partiparon activamente, sen esquecer un ton de humor.
Durante o mes de maio fixéronse no Colexio distintas actividades para traballar tanto o Día do Libro como as Letras Galegas. En Infantil, unha desas actividades foi convidar os pais/nais dos nenos/as a contarnos un conto, elixidos por eles mesmos, polo que conseguiron manter a atención dos rapaces/as e, ademais, aprender.
Para rematar o mes de Maio: “Mes de María” fixemos una procesión para visitar a Virxe de Aranzazu, na horta, onde se lle ofreceron frores, poesías e cantos.
O longo do curso os nenos/as de 6º de Infantil elaboramos na aula proxectos con temas elexidos polos rapaces/as como o dos “cabalos” e as “bolboretas”. Partindo do que xa sabían e o que lles gustaría saber, sorprendéronse de todo o que chegaron a aprender destes animais.
EXCURSION 5º-6º INFANTIL:
Este curso os nenos/as de 5º e 6º Infantil fomos de excursión ó Grove. Alí visitamos o Acuario e fixemos un recorrido no tren turístico ata a Illa da Toxa. Foi una experiencia moi divertida e cultural.
Tres nenas de 6º Infantil –Noela, Graciela e Iria Paz- sorprenderon a todo o colexio, cando de forma espontánea, no día das Letras Galegas, actuaron en todas as aulas do centro tocando a pandeireta, cantando e bailando cancións tradicionais galegas. Estiveron marabillosas!
Viñeron as nosas familias a contarnos contos! Fíxonos tanta ilusión…
O 17 de maio foi o Día das Letras Galegas, e nós tamén o celebramos!!!
Tamén tivemos a oportunidade de compartir un obradoiro de papiroflexia a cargo de alumnos da ESO!
Fíxonos moita ilusión, facer unha ofrenda floral na capela da horta.
E que ben o pasamos na excursión ao Grove!
O día 11 de abril de 2014, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizamos unha viaxe á Coruña, onde visitamos a Domus. O percorrido comezou na aula de Magnavisión, vendo unha película en 3 D sobre a aviación.
seguidamente tivemos a experiencia de manipular e diseccionar un corazón, onde se ven as distintas caras de expectación ( uns de ilusión “futuros médicos” e outros de repulsión).
Seguidamente tivemos tempo para observar e manipular as distintas áreas do museo.
Á hora de xantar, estivemos todos xuntos no comedor da Domus, onde todos os rapaces colaboraron na reciclaxe de plásticos, restos órganicos e vidro, xerados no momento da comida.
Para facer a dixestión e estirar as pernas realizamos un percorrido polo paseo marítimo desde a Domus pasando polas praias de Orzán e Riazor ata chegar ao Muncyt. Puidemos ver neste percorrido os desastres provocados polos fortes temporais deste inverno.
No Muncyt moitos rapaces quedaron asombrados pola variedade de inventos dende máis antigos ata os máis modernos, o que máis chamou a atención foi a cabina do avión, onde puideron entrar e imaxinar seren pasaxeiros de verdade.
No DOG do pasado 30 de maio publicouse a Orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso.
Máis información no apartado AYUDAS LIBROS desta web