PLATAFORMA EDUCATIVA
Como xa adiantáramos no mes de maio, neste curso 2014-15 poñeremos en funcionamento as comunicacións avanzadas CENTRO-FAMILIAS a través da plataforma educativa EDUCAMOS.
É un servizo educativo voluntario, pero durante este primeiro trimestre poñerémolo en funcionamento de forma gratuita para todas as familias.
No mes de xaneiro cargaremos na conta o importe establecido ( 20€/curso) a aquelas familias que xa o solicitaran no seu momento e tamen ás que demanden este servizo e non o fixeran antes.
Para poñen en funcionamento este servizo precisaremos os e-mails de tódolos pais-nais para poder enviar os datos de acceso. Todo este proceso realizarase no mes de outubro.
AUXILIAR DE CONVERSA NATIVO
Neste mes de outubro vai a comezar a traballar no centro un auxiliar de conversa que acompañará ao profesor titular de lingua estranxeira nunha sesión semanal en tódos os cursos do centro. Nos cursos nos que o Coñecemento do medio se imparte en inglés ( Science) tamen estará presente nesa materia unha vez á semana.
Ademais, na hora extraescolar formará grupos de conversa cos alumnos de 6º de EP ata 4º ESO que soliciten esta actividade, xa que este ano a anterior auxiliar de conversa (Tracey) non estará disponible.
Este servizo supón un custo que a administración non vai sufragar, pero que aínda así consideramos que é de vital importancia. Polo tanto, é fundamental a participación das familias a través dunha aportación en forma de donativo voluntario que xa adiantáramos que sería de 25€/ano.
Confiamos que as familias colaboren con esa aportación ( os resultados da enquisa indican unha aceptación superior ao 90%) para que o centro poida cubrir os gastos deste servizo e así seguir invertindo na mellora do centro.
De forma paralela solicitaremos as axudas para a contratación de auxiliares de conversa publicadas do DOG do 1 de setembro. Se son concedidas e dependendo da cantidade subvencionada, revisaremos a cota no seu momento.
No mes de outubro informaremos do nº de conta para que poidan realizar unha única aportación de 25€ ou de forma fraccionada mensualmente se prefiren.
Sen máis, esperamos que estes novos servizos sirvan e sexan do agrado das familias e nos axuden a mellorar a calidade educativa e a comunicación. Seguiremos informando.