RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro do 2014 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 20), realizarase próximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do prodedemento de elección dos novos membros do consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto o día 5 de novembro ás 15:00 horas, e integrada por:

 

– O Director ou directora do Centro

– Un representante da titularidade

– Un profesor ou profesora

– Un pai ou nai ou titor legal.

– Un alumno da ESO

– Un representante do PAS.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a Orde do 28 de agosto de 1996 (DOG 26/9/1996), art. 7º. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 4, martes ás 11:15 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Renace la alegría… Yo soy Domund!

A pasada semana o Equipo de Pastoral do noso cole, preparou unha serie de actividades moi interesantes e nas que participamos todos os cursos do noso centro: a visualización de varias curtas para sensibilizarnos  nesta campaña:

» Bintia y la gran idea»
» El sueño de Mao»
«OMP  yo soy Domund»

e a realización dun audiovisual para lembrarnos a todos que o DOMUND tamén somos cada un de nós.

Aquí tendes o enlace:

Agardamos que vos guste!

Welcome Miriam!

A pasada semana incorporouse ao noso centro Miriam, a profesora de inglés que nos vai acompañar a alumn@s e profesores este curso. A comunidade escolar do colexio A Milagrosa dálle a benvida!

la foto (1)
la foto1

DÍA DE SAN VICENTE

Comezamos un novo curso, e a primeira gran celebración vímola de festexar o día 29 de setembro.

20141008_161339

 

Os alumn@s de Educación Primaria acudiron o día de San Vicente, fundador das Fillas da Caridade, a unha celebración na capela do colexio. Todos os  cursos participaron moi activamente , véndose  reflexado o valor que pretendemos traballar:  “O sentido crítico”.

la foto-6

la foto-5

 

la foto-4 la foto-3 la foto-1

REUNIÓNS FAMILIAS-TITORES

A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 6 OUTUBRO:        5º E 6º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
MARTES 7 OUTUBRO:  ED. INFANTIL HORA: 19:30
MÉRCORES 8 OUTUBRO: 3º, 4º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00
1º, 2º ESO HORA: 18:30
3º, 4º ESO HORA: 19:00
XOVES 9 OUTUBRO:      1º, 2º DE ED. PRIMARIA HORA: 18:00