Os nenos e nenas de Infantil tamén conmemoramos o día da Medalla Milagrosa. Visitamos a capela e regaláronnos unha medalla da Virxe, e nós regalámoslle as nosas cancións, poesías e oracións á Virxe Milagrosa.
Mes: noviembre 2014
VOAMOS X IGUAL
Hoxe é 25 de novembro: Día contra a violencia de xénero.
Nós, os alumn@s de 2º de E.P. tivemos a sorte de recibir a visita de Ángela, unha educadora coa que traballamos dúas sesións mediante un proceso lúdico e didáctico, sobre este tema.
O obxectivo foi axudarnos a previr e identificar a violencia de xénero, de maneira que tod@s poidamos sensibilizarnos con este problema tan dramático para a sociedade actual. Preparamos unhas camisolas co lema «VOAMOS X IGUAL» e tamén nos contou algúns contos, coma «O príncipe ceniciento».
SAVE THE CHILDREN
O próximo 21 de novembro celebraremos e participaremos outro ano máis, na carreira solidaria SAVE THE CHILDREN.
Os alumn@s de E.Infantil e Primaria realizarán un circuíto no patio do colexio e os da E.S.O farán unha saída ao monte Tahúme: 1º da E.S.O realizará o percorrido a pé, e os de 2º,3º e 4º poderán escoller entre ir a pé ou en bicicleta (uso de casco obrigatorio)
AVISO CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR
Lembramos que o prazo para presentar a candidatura a representante de pai/nai no Consello Escolar, remata o venres 21 ás 11:30.
Os interesados poden facelo cubrindo o formulario disponible en portería e deixandoo alí mesmo.