… e os alumnos de Infantil disfrutamos destas festas participando con moita ilusión no noso colexio na decoración navideña, no concurso de postais, no festival e , o máis importante nestas datas, sendo solidarios cos que máis o necesitan.
Na tarde de onte foron seleccionadas as postais de Nadal premiadas no concurso que cada ano nestas datas propoñemos desde o centro. O xurado valorou a súa creatividade, orixinalidade e motivo relixioso. Podedes velas no corredor de Primaria, moi preto do noso Belén.
Noraboa aos nosos artistas!!!
Maeve Rey E.I.
Uxía Casais 3º E.P.
Uxía Cánibe 5º E.P.
Achegámoslles os horarios dos distintos festivais, así como o da Eucaristía da familia, que se vai celebrar o vindeiro venres 19 ás 18:00 horas na capela do Colexio. Por suposto, quedan convidados.
Para non ter problemas de aforo, o festival realizarase en dúas datas:
O xoves día 18 de decembro, ás 15:30
PRIMARIA (3º,4º 5º e 6º) – ESO
O venres día 19 de decembro, ás 16:00
Nadal é tempo de compartir. Nesta semana estamos coa “operación quilo” para axudar aos que menos teñen nestas datas. Coma sempre, agardamos a súa colaboración.
Como cada ano, nestas datas tan especiais, poñemos a andar unha nova campaña:
OPERACIÓN KG DE SOLIDARIEDADE
Toda a comunidade escolar pode participar ata o día 19, e así colaborar con familias necesitadas da nosa zona, para que tamén elas poidan disfrutar dun bo nadal. Podedes aportar un Kg ou un litro de alimentos non perecedeiros, así como tamén os produtos típicos destas festas.
Moitísimas grazas a tod@s.
Os alum@s de 3º ciclo de E.P. visitaron Santiago para asistir á obra de teatro “Christmas Carol” e posteriormente levaron a cabo unha visita guiada pola cidade medieval onde os alumn@s puideron aprender formas de vida, comercio e relación entre igrexa e os monarcas.
Adentráronse no museo da catedral para poñer fin á saída.
Os alumn@s da E.S.O. asistiron a obra de inglés “ Christmas Carol”, nun horario diferente ao de E.P.
O primeiro ciclo da E.S.O. fixo unha visita guiada pola cidade dentro do programa “Pedras de Santiago”, mentres o segundo ciclo visitou o Centro de Transfusión de Sangue onde pasaron polos distintos laboratorios nos que se trata, estuda e analiza o sangue.
O obxectivo destas actividades é a aprendizaxe dos nos@s alumn@s en todas as facetas da vida dende o seu desenvolvmento persoal, afectivo e cooperativo.
Como todos os anos e dende hai 12, con motivo do ” Día Internacional dos Dereitos do Neno ” participamos nunha carreira solidaria a favor da educación para todos os nenos e nenas , xa que é un dos piares máis fortes para o futuro dunha persoa e dun país.
A educación enriquécenos como persoas e ábrenos as portas aos nosos soños , converténdonos en artífices dunha sociedade mellor.
Por medio da presente, faise público que, dacordo co disposto nos artigos 31, 37 e 43 do Procedemento Electoral, a Xunta Electoral na reunión do 28 de Novembro do 2014, ás 15:00 horas, tendo en conta as actas levantadas polas distintas Mesas Electorais dos distintos sectores, acordou proclamar electos ós seguintes candidatos:
-REPRESENTANTES DE PAIS DE ALUMNOS:
Dna. Lucía Álvarez Sampedro
Dna. Mª Carmen Valeiras Crujeiras
-REPRESENTANTES DE ALUMNOS:
Dn Saúl Cadórniga Seráns
-REPRESENTANTES DE PROFESORES:
Dna. Josefa Martínez Domínguez
Dna. Mª Javier Vidal Bermúdez