O 4 de marzo os alumnos de 4º de Primaria realizamos unha saída á Exposición do Santa Isabel en Ribeira. A experiencia foi moi gratificante e fomos tomando nota de todo o que Pilar, a comisaria da mostra, nos ía contando.
O certo é que nos atopabamos moi nerviosos e inquedos, e non parabamos de facer preguntas. Máis que unha visita guiada, semellaba unha entrevista en toda regra. Aproveitabamos calquera recuncho e oportunidade para resolver as nosas dúbidas, e competiamos entre nós para ver quen resultaba ser o mellor periodista.
As ferramentas e a maqueta empregadas na construción do buque parecéronnos realmente grandes, e moi complicadas de empregar. Sen embargo, as diferentes maquetas, onde descubrimos o pouco número de botes salvavidas que levaba o barco, semellaron realmente pequenos.
Tiñamos moito interese en poder ver un camarote de primeira clase, pero o que máis nos impactou foi o relato do fillo dunha das heroínas e as traxedias sufridas por algunhas familias en particular, que viron como os seus soños dunha nova vida ficaban varados nas costas de Sálvora.
Cheos de ideas e bos propósitos, voltamos ao colexio pensando en como darlle forma ó noso proxecto.
Como esperamos sexa do agrado de moitos, iremos dando conta das nosas pescudas.