Os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil fomos de excursión cultural e de ocio á Casa do Queixo. Que nervios antes de subir no autobús!
Cando chegamos, recibíronnos os monitores que eran moi amables e simpáticos e dispuxémonos a pasar un día cheo de sorpresas para nós. Fixemos unha morea de actividades e aprendemos moitas cousas!

No taller de queixo puxémonos mans á obra e aquí vedes que ben se nos daba preparalo. Todos quixemos axudar, así que agora xa sabemos facer queixo artesanal … estaba riquísimo!
Tamén participamos nunha aula de reciclaxe, explicáronnos moitas cousas novas, despois de moito traballar quedounos así de ben. Foi moi divertido!



Unha parte especial da nosa saída foi a visita ós animais da granxa-zoo. Que grandes eran! Estivemos moi atentos porque o día estaba sendo emocionante.

E para rematar, tamén fixemos a Ruta do Muíño Encantado. Que fermoso camiñar polo campo, escoitar os paxaros e coñecer un lugar diferente!

Chegou a hora de voltar, xa que as nosas familias agardaban por nós. Subimos ó autobús e volvemos supercontentos para a casa. Pasámolo moi ben!