AVISO HORARIO XUÑO

O vindeiro luns 1 de xuño, escomezará a xornada única de mañá, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 (os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).
Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.

Máis alá! con 4º de ESO

Hoxe espertamos inquedos, pois iamos visitar un pobo veciño. Queriamos coñecer o fogar onde naceron e viviron  grandes poetas e narradores da literatura galega: Manuel Antonio, Dieste e Castelao. Descubrimos o museo do Mar, a gran vida pesqueira e a forte acción cultural da vila de Rianxo.

20150527_103016

20150527_121727

Tras dun relaxing lunch in Paseo da Ribeira, despois de coñecer mellor a nosa terra e o mundo do mar, voltamos a Oleiros.  Convidáronnos ás festas da Guadalupe e fomos quen de cantar «a rianxeira» sen trabucarnos. Un exitazo.

IMG-20150527-WA0002

 

Aprendendo… dos pinguíns!

1427364213828

1426780543781

Os nenos e nenas de Infantil quixemos aprender  sobre os pingüins, e descubrimos cousas tan curiosas como que son aves pero non voan, senón que nadan…aprendemos como que viven no Polo Sur, e moitas cousas máis.

1426667589640

1426667668246

Foi divertido coa colaboración dos pais e da profe.

1427365001289

1427198884218

Fixemos un gran mural na clase.

Tamén o noso particular pingüin, un libro. E pasámolo moi ben cos videos, documentais, contos, cancións,…

1426780505661

1426754904241

Falando… das Letras

Ó longo desta semana e ata finalizar o mes de maio, estamos a traballar en diferentes aspectos da nosa cultura. Por isto unha vez máis, no » maio cultural «, os grupos de 3º e 4º da ESO desplazámonos a Ribeira para ver o espectáculo que para os centros de ensino preparou Serafín Marcos: «Falando con Filgueira Valverde» .

p20-f51

TARRAGONA-SALOU-BARCELONA 3º 4º ESO

PRIMEIRO DÍA:

Despois dunha agotadora  viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel fixemos a visita á cidade de Tarragona. Alí disfrutamos das pegadas que deixaron os romanos na antiga Tarraco.

foto1Tarragona

foto2 Tarragona

SEGUNDO DÍA:

Cun bo madrugón, puxemos rumbo á cidade de Barcelona. Cunha primeira parada nas Cavas de Freixenet, aprendemos as técnicas para lograr un bo viño espumoso. A bordo do tren, percorremos as infraestruturas novas de produción. Tras un cata de mosto, e un pequeno descanso, dirixímonos  ao Aquarium. Nunha rápida visita, mergullámonos nas profundidades dos diferentes océanos, disfrutando especialmente do tanque dos pingüinos. A bo paso, rodeamos o Monumento de Colón e subimos polas Ramblas para facer unha parada técnica no Hard Rock Café. A bordo do autobús, percorremos os principais puntos emblemáticos da cidade, prestando especial interese á Sagrada Familia e a Montjuic.

foto4 Freixenet

foto3Freixenet

foto5 Sagrada Familia

025f248a7906005b23691047ce3dad76 (1)

TERCEIRO DÍA:

Foi a xornada máis esperada estivemos en… Port Aventura.  Disfrutamos do Furius Baco, Stampida, Dragon Khan,  Shambhala… e eliximos algunha actuación para ver, coma o Aloha Tahití ou o Bubblebon. Hai 20 anos que abreu as súa portas e están de celebración. Pecha cada día cun desfile no que participan todos os bailaríns do parque e as personaxes de debuxos animados cos que podes sacar fotos durante todo o día.

Ao chegar ao hotel démonos un chapuzón na piscina e logo da cea disfrutamos da discoteca do hotel ata a unha da mañá.

foto6 Port Aventura

CUARTO DÍA:

Neste día percorremos a desembocadura do Ebro nun catamarán. Ollamos as diferentes paisaxes ao longo do río. Puidemos apreciar as dúas illas formadas logo das crecidas: a Illa de Buda e a Illa de San Antonio. Xa a pé, visitámolo miradoiro que nos permitiu ver dunha ollada todo o Delta.

A tarde transcorreu chea de diversas actividades que puxeron a proba o espírito aventureiro dos nosos alumnos: rutas de quad, tirolina, escalada, tiro con arco… foron a guinda final para a nosa viaxe de estudos

foto9 Multiaventura

 foto8 Multiaventura

 foto7 Ebro

Quinto día:

Saímos moi cedo, logo de almorzar cara o «Monasterio de Piedra». Alí puidemos disfrutar do mosteiro coma do parque natural que o rodea, que nos deixou abraiados coa súa beleza.

foto10 Monasterio

Chegamos ao cole xa de madrugada, moi cansos pero coa maleta chea de vivencias.