“El amor es creativo hasta el infinito”. San Vicente de Paúl.

 

   6993520

Este luns 28 de setembro, celebramos a festividade de San Vicente de Paúl.  Quixemos facelo lembrando esta frase que el pronunciou.

A Educación Infantil visitou a capela do colexio e realizou diferentes actividades para traballar a vida de San Vicente.

6993378 (1)6993377

 

A Educación Primaria realizou unha celebración na capela do colexio, na cal todos os cursos presentaron un símbolo do traballado nestas xornadas (Creatividade) e un compromiso para este curso.

69934916993508

 

 

 

 

 

REUNIÓNS FAMILIAS-TITORES

A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 5 OUTUBRO: 5º E 6º de EP, 3º,4º ESO HORA: 18:00

MÉRCORES 7 OUTUBRO: 1º,2º de EP, 1º, 2º ESO HORA: 18:00

XOVES 8 OUTUBRO: INFANTIL 18:30,E 3º, 4º de EP HORA: 18:00

Novo curso escolar

A toda a comunidade educativa do colexio A Milagrosa:

E xa botamos a andar un novo curso, polo que queremos darvos a benvida a todos e todas. Que as nosas  ilusións e forzas nos axuden a cumprir os obxectivos, que o curso que agora comezamos nos prepare no camiño de aprender, que o exemplo de San Vicente e Santa Luísa nos acompañe sempre.

Feliz curso 2015-2016!

16002957_w9W1v

Fernando Pessoa.

AUXILIAR DE CONVERSA 2015-16

Despois da experiencia do paso da auxiliar de conversa por este centro, este curso vamos a darlle continuidade. Neste mes de outubro, escomezará unha auxiliar de conversa que acompañará ao profesor titular de lingua estranxeira nunha sesión semanal en tódos os cursos do centro. Nos cursos nos que o Coñecemento do medio se imparte en inglés ( Science) tamen estará presente nesa materia unha vez á semana.
Ademais, na hora extraescolar formará grupos de conversa cos alumnos de 6º de EP ata 4º ESO que soliciten esta actividade. Este servizo supón un custo que a administración non vai sufragar, pero que aínda así consideramos que é de vital importancia. Polo tanto, é fundamental a participación das familias a través dunha aportación en forma de donativo voluntario.
Confiamos que as familias colaboren con esa aportación, xa que aínda que a porcentaxe de participación do curso pasado foi alta, o feito de ter unha cuota moi axustada, deu lugar a que o centro non cubrise tódolos gastos deste servizo. É preferible que participe todo o mundo ca ter que subir a contía por alumno, e sobre todo, porque é un servizo que disfruta TODO o alumnado.
A forma de colaborar é a seguinte: facer unha única aportación voluntaria de 25€/alumno na seguinte conta: ES35 0238 8198 1806 0000 3271
É moi importante facer constar o nome e curso do alumno relacionado coa aportación, para que poidamos rexistrar estes ingresos. Como o centro xa ten que efectuar o pago da primeira cuota, sería interesante que as aportacións se fixeran antes do 10 de decembro. Se algunha familia non pode asumir este servizo ou esta data límite, poden poñerse en contacto coa dirección do centro.

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 1 de setembro de 2015 está publicada a Orde que regula as axudas para a adquisición de material escolar.
Para consultar as bases prema na seguinte ligazón: Orde axudas material

 

Documentación a achegar xunto á solicitude:
– Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar
(cando non autoricen a consulta telemática).
– Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da
unidade familiar.
– Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou,
na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros
computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante (cando non
autoricen a consulta telemática).
– No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún membro da
unidade familiar (incluído/a o/a alumno/a), documento que acredite esta
circunstancia).
– No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar:
documentación acreditativa.

CONTÍA DAS AXUDAS: 50€ por alumno ou alumna que reúna os requisitos. O vale poderá usarse  ata o 31 de outubro de 2015 (este incluído).