El día de Acción de Gracias es una fiesta que nos recuerda la fiesta de la cosecha, donde la gente daba gracias a Dios por tener comida para pasar el invierno. En el taller de Creative Cuisine quisimos hacer un homenaje a esta celebración anglosajona que se celebra cada último jueves del mes de noviembre, presentando el ingrediente básico de toda receta de Acción de Gracias de una manera diferente: el pavo.
Mes: noviembre 2015
CELEBRACIÓN DE SANTA CECILIA
O pasado venres tivo lugar no noso centro unha xornada moi especial. Con motivo da celebración do Día da Música, pais, mestres, alumnos e exalumnos, subiron ao escenario para facernos disfrutar cunha velada chea de aprendizaxe, sentimento e diversión.
Os nosos rapaces foron espectadores e protagonistas dunha sesión chea de sorpresas, onde algúns deles puideron demostrar as súas habilidades con instrumentos como a gaita, o trombón ou o saxo.
A tarde rematou cos nosos alumnos de 5º, 6º e Secundaria entoando o famoso tema de Alejandro Sanz “La música no se toca”, deixando ben presente que “Cando as verbas erran, a música fala”.
Moitas grazas a todos os que aportáchedes o voso gran de area para colaborar nesta tarefa.
Magosto no San Martiño
Con motivo da festividade de San Martiño celebramos o tradicional magosto na horta do noso cole. Durante a tarde participamos en diferentes xogos, asamos e comemos castañas disfrutando dos nosos compañeiros nunha tarde soleada. Que boas estaban!
Os nenos de infantil luciron sorrintes as manualidades que eles mesmos elaboraron na semana previa.
Fomentando a creatividade
Campaña SOS Sahara
Moitísimas grazas a todos os que colaborastes na campaña de axuda ao pobo saharauí tralas recentes inundacións nos campos de refuxiados.
Á comunidade educativa, mestres e alumnos, parabéns pola celeridade en atender esta chamada de urxencia. A Media Luna Saharaui xa ten ao seu dispor a colaboración do colexio A Milagrosa, e continúa no seu labor de asistencia á poboación afectada. En nome de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e de todo o pobo saharauí: SHUKRAN!
Grandes músicos
Torneo benéfico
Outono narrativo
Cibermáticos
Dende hai unhas semanas comezamos o taller de informática para os máis pequenos do colexio: “Cibermáticos” ,onde pretendemos que os nosos alumnos vexan os ordenadores como unha ferramenta de aprendizaxe e non só de entremento.Ademais queremos que desenrolen a súa competencia dixital dentro das Tic´s,que é tan precisa nesta sociedade da información na que vivimos.