Nadal na cociña

Un ano máis chega o Nadal ao noso colexio. Os pasillos, as clases, todo está adornado con motivos tradicionais. Aproveitamos para vivir intensamente as costumes das nosas familias. Forman parte de nosa cultura e da nosa historia, formamos parte delas. Como non, no taller de Creative Cuisine quisemos facer un guiño a estas festas. Deixando voar a nosa creatividade, obtivemos estes resultados:

?????????????

72744647274467

FESTIVAL NADAL

Achegámoslles os horarios dos distintos festivais, así como o da Eucaristía da familia, que se vai celebrar o vindeiro venres 18 ás 18:00 horas na capela do Colexio. Por suposto, quedan convidados.

Para non ter problemas de aforo, o festival realizarase en dúas datas:

O xoves  17 de decembro, ás 15:30

PRIMARIA (3º, 4º, 5º e 6º) teatro + coro + coreografía

O venres 18 de decembro, ás 16:00

  1. INFANTIL , 1º,2º de PRIMARIA

Aquelas familias que ao rematar o festival do venres, queiran levar aos fillos, deben recollelos nas aulas correspondentes e avisar ás respectivas titoras. Coma sempre, agardamos a súa colaboración.

CARREIRA SOLIDARIA

Levamos doce anos participando na carreira “ Kilómetros de solidariedade ,“ colaborando coa O.N.G. Save The Children para facerlle a vida máis doada aos nen@s que sufren .

Este ano corremos para loitar contra a desnutrición infantil cando no noso país se estraga o 25% do que consumimos.

Dende o centro queremos agradecerlle a toda a comunidade educativa a súa participación e apoio nestes temas , xa que sen o voso apoio isto non sería posible.

ColegioTahume3

Patio Tahume1

AVISO DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámoslles que o vindeiro luns 7 de decembro e tamen o 16 de maio de 2016 , non serán lectivos, por ser os días solicitados polo Centro no comezo do curso, e autorizados pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2015-16.

Campañas de Nadal

 

Un centro educativo actual, comprometido e inmerso na realidade social, debe orientar parte do seu labor educativo á construción dunha sociedade máis xusta.

Este ano, como xa é costume, queremos animarvos a todos a participar en dous proxectos solidarios:

A Flor de Pascua:  mercando una planta aportas a túa axuda a Cáritas. (Sor Rosario leva esta campaña).

A recollida de alimentos:  poderase traer comida no perecedeira como lentellas, arroz, pasta, latas de conservas…para compartir estes alimentos coa xente que máis o necesita.

O periodo  de  recollida de alimentos, coa colaboración de «profesores, alumnos e pais», será desde o 1 de decembro ata o 18 do mesmo mes, desde as nove e media  da mañá ata as  18:00 horas.

Moitas grazas a todos por participar.