Un 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago a poetisa galega Rosalía de Castro e Abadía. Dende hai uns anos, conmemórase o aniversario do seu nacemento, adicándolle o día a lembrar a súa obra e a súa vida.
Nós, quixemos unirnos a esa celebración recitando poemas, preparando debuxos e murais, traendo os seus libros ó cole ou participando nas redes sociais na campaña #mobilizarosalía, proposta pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega) cos versos
«Trocando en sonrisas
queixiñas e choros»
do poema IV de Cantares Gallegos.
Os alumn@s de sexto asistimos ao Auditorio de Riveira para participar nunha homenaxe a Rosalía para conmemorar o seu nacemento.
A través da narración e a música fóronos contando a súa vida introducindo os poemas que ela escribiu.
O amor a natureza, os problemas da muller por aquel entón , as diferenzas de clases, o gusto e orgullo pola nosa lingua…..foron algúns dos temas que trataron.
Ao final rematamos recitando todos xuntos un anaquiño da súa obra «Cantares gallegos» (1863).
Feliz día de Rosalía a todo@s!!!