AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación  acaba de anunciar no DOG do 28 de marzo, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.

Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2014/15 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.

Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.

Orde axudas

CARTEL AXUDAS

Celebración de Santa Luisa

Dende o E quipo de Pastoral queremos lembrar a festividade de Santa Luisa, que celebramos antes das vacacacións de Semana Santa. Que o amor ao próximo nos leve a colaborar entre nós, a pesar de ser tan distintos; como lle sucedeu a Santa Luisa e a San Vicente.

felicita14

8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

 

Os alumn@s de 6º de E.P. hoxe quixemos facer unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que cos seus actos fixeron posible que a muller fose escoitada e respectada en facetas da vida que so estaban desenvolvidas polos homes.

Mulleres como Lady Mary , Rosa Parks,Minn Keal,Gertudre Bell e Margarita Dans ( 1ª muller que fixo atletismo en Galicia (1961) atrevéronse a dar un paso adiante.

O noso recoñecemento a todas as nais que traballan dentro e fóra dos fogares.

IMG_0086

Cando Verne amarrou en Vigo…

foi a escolla do Plan Lector para este trimestre.

20160302_122309

Esta mañá somerxémonos nunha viaxe ata o Vigo do s. XIX. acompañados da literatura de Xulio Verne e da música de Manuel de Falla. O autor valenciano Paco Climent recrea nunha das súas obras a novela histórica baseándose nos feitos acontecidos na ría de Vigo despois do afundimento dos galeóns españois procedentes de América.

20160302_12232520160302_122515-1

Tito Spaguetto falounos da importancia da lectura, a curiosidade por aprender, o pensamento individual e a personalidade propia,  temas que comentamos ao longo dunha hora e pico! para animarnos a decidir novas lecturas e apaixonarnos con mundos novos que están por descubrir.

20160302_122233

Grazas por todo!

 

Creative Cuisine

flores 4

 

Durante estes días que o  tempo estivo algo revolto , no taller de Creative Cuisine démonos conta de que a primavera empeza a chamar a porta.

20160302_171332

 

flores 2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na natureza comezan a saír as primeiras flores e moitos animaliños comezan a saír do letargo invernal. Como non, estas semanas no noso taller tivemos a visita dos primeiros vermes da tempada e naceron  as primeras flores na nosa horta.

IMG-20160222-WA0001IMG-20160222-WA0013IMG-20160222-WA000920160302_17130620160302_171250

Animación á lectura

Estes días visitou o noso colexio unha persoa moi especial, unha persoa que disfrutaba da nosa compañía e que nos facía reflexionar sobre o importante que é estar preparado para facer determinadas lecturas e poder sacarlle o maior partido posible. Tamén nos fixo ver que a solución aos nosos problemas e inquietudes estaba en cada un de nós.

IMG_3432IMG_3431

Resultou unha clase divertida, amena e con moitos interrogantes que se irán solucionando co paso do tempo.

SABES COMO SALVAR UNHA VIDA?

Os alum@s de 6º de primaria participaron nunha clase práctica, a cargo do profesor de E.F. da ESO, onde puxeron a proba as súas habilidades e coñecementos sobre as técnicas básicas de soporte vital para salvar unha vida.

IMG_2758
Aprendemos o importante que é recoñecer unha parada e actuar responsablemente intentando reanimar cunha masaxe cardiopulmonar e chamar ao servizo de emerxencias para garantir que recibe o tratamento médico axeitado.
Despois da clase práctica recordamos a nivel teórico todo o aprendido.

IMG_2768IMG_2761

Xornadas Deporte Escolar

Os alumnos e alumnas dende 3º a 6º tiveron a oportunidade de compartir con nenos e nenas doutros colexios a afección pola actividade física, concretamente polos deportes de baloncesto, fútbol, balonmán e floorball. Na primeira das xornadas desprazámonos ata o C. E. I. P. Santa Baia de Boiro e na segunda xornada visitáronnos no noso centro alumnos e alumnas do Colexio Bayón.

Archivo_000

Foron unhas xornadas de gran divertimento para todos, onde o resultado foi o de menos, primando o xogo limpo, o compañeirismo e os demais valores que promulga o deporte.

Archivo_007Archivo_003Archivo_001