O vindeiro mércores 1 de xuño, comezará a xornada única de mañá, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 (Os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).
Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.
Mes: mayo 2016
Festivais xuño
A continuación presentamos as datas dos festivais de fin de curso:
DATA E HORA
|
LUGAR | PARTICIPAN |
VENRES 3 DE XUÑO ás 18:30 horas
|
SALÓN DE ACTOS | – TEATRO (alumnos de diferentes cursos)
– CORO (alumnos dende 3ºP ata 4º ESO) – GUITARRAS (alumnos dende 6ºP ata 4º ESO) |
VENRES 10 de xuño ás 18:30 horas
|
PATIO DO COLE | – ALUMNOS DE INFANTIL
– ALUMNOS DE PRIMARIA – COREOGRAFÍAS |
Contamos coa súa presenza e esperamos que disfruten dos festivais. Reciban un cordial sáudo.
Casa Grande de Xanceda 1º ciclo de Primaria
O pasado mércores 11 de maio, estivemos cos nosos alumnos de 1º ciclo da Primaria na Casa Grande de Xanceda e na Aula da Natureza de Brañas de Valga, en Mesía.
Os alumnos pasárono xenial visitando aos animais, déronlles de comer e puideron estar en contacto con eles en plena natureza.
Tamén participaron en talleres, como os dos comedeiros de paxaros e as figuras de barro, experimentaron e manipularon diversos alimentos para animais e comprobaron como se fan os iogures que comen habitualmente.
Disfrutaron de moitas actividades ao aire libre e tamén tiveron tempo de lecer. Foi unha experiencia moi gratificante para eles, difícil de olvidar, con moitas cousas para contar. E o seu comportamento foi excelente, GRAZAS RAPACES!
Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día tan especial.
Despois da ponte os alumnos do 1º ciclo da primaria chegaron con moitos folgos, fixeron un pequeno taller para ir de tendas e repasar vocabulario e expresións traballadas na clase co mundo do comercio. Tanto clientes como dependientes mostraron as súas habilidades que serviron para perder o medo a expresarse en público.
Nas clases de Speaking con Stacie os nenos van amosando a súas destrezas en Listening e Speaking dun xeito máis ameno e dinámico, o obxectivo das mesmas é onde renovar, motivar e impulsar a aprendizaxe do idioma Inglés.
AXUDAS LIBROS CURSO 2016-17
No DOG do pasado 16 de maio publicouse a Orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso.
Máis información no apartado AYUDAS LIBROS desta web
Xubileo da Misericordia
Con motivo do Ano Santo Xubilar da Misericordia, os alumnos dende o 3º ciclo da Primaria ata 4º da ESO, quixemos facer unha «peregrinaxe» para acadar a graza xubilar. Tras recibir o sacramento do perdón e asistir á Eucaristía na Catedral da capital galega. Esta simbólica peregrinaxe foi o broche ao traballo realizado previamente no colexio sobre o Ano Xubilar e a Misericordia.
Asimesmo os alumnos do 1º e 2 ciclo da Primaria tamén fixeron a súa particular peregrinaxe ata a Igrexa parroquial de Oleiros ,onde participaron das explicacións e dos cantos, así como da proxección dun video que nos presentou o sacerdote D. Julio Cárdenas.
Celebramos as Letras
Onte foi 17 de maio, día das Letras Galegas.
Antes de marchar,o venres, os rapaces de 4º de ESO quixeron darlles unha sorpresa aos pequenos de 2 de E.P. achegándose á súa aula con poemas de Manuel María e uns globos de agasallo. Recitamos fragmentos de Os soños na gaiola e cantamos todos xuntos «O cuco».
Todos xuntos, coa poesía e a música para achegarnos un pouquiño máis á obra do poeta da Terra Chá.
AVISO DÍAS NON LECTIVOS
Recordarmos que os vindeiros días 16 e 17 de maio de 2016 , non serán lectivos. O 16 foi o día solicitado polo Centro no comezo do curso, e autorizado pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2015-16.
Mercadillo Solidario
Dende a comunidade educativa queremos dar as gracias a todas as familias que dun xeito ou outro colaboraron para que un ano máis o mercadillo solidario fose posible. O recadado este ano foi de 900€ que irán destinados ao proxectio AESOMI( ampliación de la residencia para ancianos solos y enfermos en Micomeseng), que as FIllas da Caridade teñen en Guinea Ecuatorial. Ademais este mercadillo intenta amosarlle aos nosos alumnos a importancia da Solidariedade cos demais e o que con ela se consegue.
GRAZAS A TODOS POLO VOSO GRAN DE AREA!!!
Cartas a Guinea
Logo da visita de Sor Fernanda García ao noso cole para falarnos do Proxecto AESOMI, os alumnos de 3º e 4º de ESO quixemos achegarnos á realidade dos mozos e mozas guineanos que asisten aos nosos centros, así como aos maiores da Residencia, para coñecernos mellor e valorar as diferenzas que nos unen.
Van as nosas cartas con toda a ilusión do mundo.
O noso agradecemento a Sor Carmen Puga pola súa colaboración.