Ricardo Gómez e a literatura xuvenil

Na mañá do mércores pasado achegouse ao centro o autor Ricardo Gómez. O alumnado de 3º e 4º de ESO lemos dúas das súas obras no 1º trimestre: «El cazador de estrellas» e «Diario de un campo de barro», ambas ambientadas en campos de refuxiados, a primeira no deserto do Sáhara e a segunda en Kosovo. Moitas grazas por vir.

IMG_1010

«Gracias a la visita de Ricardo Gómez el pasado miércoles pudimos conocer un poco más de cerca las historias contadas en sus libros. Me pareció una persona muy cercana y agradable, además de aportarnos conocimientos sobre sus novelas, como aspectos de la vida de Nushi o Bachir».

Ana Rita Fernández Piñeiro, 3º ESO

IMG_1011IMG_1014

«A visita de Ricardo Gómez, amosounos que a literatura pode ser un método de difusión de certas realidades que aínda que sexan duras, sérvennos para decatarnos das cousas que están a acontecer, como é o caso destes dous libros. O autor, nesta charla amosounos o seu lado máis xusto e motivounos a que comecemos a escribir e a que nunca deixemos de ler».

Yago Estévez Figueiras, 4º ESO

 

TRABALLAR EN IGUALDADE

IGUALDADE

Os alumn@s de 6º de primaria participaron nos talleres que dende o CIM( Centro de información á Muller) leva realizando nos diferentes centros escolares.

Durante catro sesións, de dúas horas de duración, intentouse concienciar aos nos@s alumn@s da importancia de traballar en igualdade, de romper os esterotipos que nos marca a sociedade e sobre todo de valorar por igual o papel que desempeña a muller na nosa sociedade.

FFOTO

 

Actividades como visualización de pequenos vídeos co posterior debate,clasificar as actividades laborais que se desempeñan por diferentes sexos , elaboración de eslogans , debuxos …puxeron de manifesto as opinións dos nos@s alumn@s e aqueles aspectos nos que debemos mellorar ou seguir traballando para conseguir unha sociedade máis igualitaria erradicando a violencia.

FO

FAIR PLAY

Os rapaces e rapazas da ESO asistimos ao Teatro Principal para disfrutar da obra de teatro en inglés «Fair Play» coa que tivemos a oportunidade de comprobar o noso nivel de comprensión na terceira lingua.
1
Antes visitamos as cubertas da Catedral e disfrutamos das vistas da cidade e da grandeza da mesma.
2IMG_1180IMG_1202
IMG_1201IMG_1186
Os de 3º e 4º fomos darlle un abrazo ao Apóstolo e 1º e 2º visitou a casa-fachada da Praza de Platerías. Logo fomos xantar e voltamos coas enerxías renovadas.

Deporte escolar na Fieiteira

O pasado día 18 de xaneiro os noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no Polideportivo Municipal de A Fieiteira, onde disfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do  CEIP Palmeira. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio de Palmeira, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

IMG_3682 (1)IMG_3678

VISITA A SANTIAGO

O 11 de xaneiro os alumn@s do terceiro ciclo de primaria tiveron unha xornada educativa moi intensa, onde participaron activamente en todas as actividades .

A primeira visita foi á catedral de Santiago onde tod@s abrazaron ao apóstolo Santiago e contemplaron o Belén que aínda estaba exposto.

IMG_2878IMG_2879

A continuación asistiron á obra de teatro “ Fair play” que resultou moi divertida para tod@s .

Por último achegámonos á Cidade da Cultura onde nos esperaban para darnos a coñecer a vida de Camilo José Cela e a súa importancia dentro do mundo da literatura.

IMG_2877IMG_2876IMG_2874