DÍA DA ÁRBORE

A semana pasada, co motivo do día da árbore, alumnos de primaria plantaron unha camelia e varios castiñeiros nos terrenos do colexio. DSCN0578Aquí vemos a alumnos de 4º da ESO abrindo o burato para a camelia.

DSCN0587Os alumnos de 1º de EP coa camelia xa plantada.

IMG_4122Alumnos de 3º ESO preparando os buratos para os castiñeiros. O terreno estaba moi duro, e as ferramentas levaban moito tempo sen usar……….

DSC_0969

Os alumnos de 4º de EP plantando os castiñeiros,  coa supervisión do técnico forestal da zona.

DSC_0979   DSC_0990

 

Animación á lectura en Primaria

IMG_20170320_101828

Durante estos dous primeiros días da pasada semana os alumnos da Primaria puideron disfrutar do Taller de Animación a Lectura da Ed. Edebé, onde  disfrutaron das anécdotas dos libros, fixeron representacións e simulacións das personaxes dos libros, xogos…

IMG-20170326-WA0004IMG_20170320_103611

Con estas actividades, non lles quedou dúbida de que ler é unha actividade divertida.

IMG-20170326-WA0003

Cartas desde Sáhara

IMG_1642

En decembro un grupo de alumnos de 4ESO enviamos cartas a compañeiros do Colexio Simón Bolivar, nos campos de refuxiados saharauís. Aproveitamos a visita á familia que fixo Larusi, un rapaz que estuda en Ribeira, para que as levara. E viñeron de volta grazas a Ramón «Filipino» cando foi en febreiro a correr o Sahara Maratón. Recibimos a resposta, lemos e compartimos as cartas cos compañeiros de clase e agora coñecemos mellor a realidade dun pobo que só quere regresar ao seu país.

IMG_1640


Máis libros

IMG_1594

IMG_1595

Por segunda vez este trimestre, na ESO recibimos a visita de Benxamín, para traballar o Plan Lector. Durante unha sesión intercambiamos ideas, realizamos xogos e falamos de temas de actualidade coma os que nos presentan as lecturas escollidas para este curso.

IMG_1596IMG_1598

IMG_1597

Así o desfrutamos en 3º de ESO.

Moitas grazas por vir!

21 de marzo «Día da Poesía»

Poesía

3º de ESO deséxavos un feliz día da poesía!

A POESÍA É O GRAN MILAGRE DO MUNDO

Insinareiche sin berros.

O poeta é un mestre sin ira.
Levareite ó meu reino,
onde te agarda
a bandeira da espranza.
Non che amostraréi aquéla
triste, abatida sobre o mastro,
solitaria baixo unha chuvia cincenta.

Estóu arrepentido de pensar
que o máis brosmo e brután dos homes
non poida descalzarse
pra entrar no noso reino.

A poesía é o gran milagre do mundo!

Luís Pimentel.

Sombra do aire na herba

DINAMIZACIÓN DA LECTURA

Os días 20 e 21 de febreiro os alumn@s de E. Primaria disfrutaron de diferentes actividades sobre libros traballados no Plan Lector.

unnamed

O ilustrador Benxamín, do grupo Edebe, a través dos seus debuxos para os máis pequenos, e de actividades grupais para os maiores mostrou diferentes puntos de vista sobre a lectura dos mesmos.

unnamed2

AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación  acaba de anunciar no DOG do 27 de febreiro, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.

Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2015/16 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.

Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo.

Cartel