Lembramos que os vindeiros días 1 e 2 de maio de 2017 , non serán lectivos. O 2 de maio foi o día solicitado polo Centro no comezo do curso, e autorizado pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2016-17.
Lembramos que os vindeiros días 1 e 2 de maio de 2017 , non serán lectivos. O 2 de maio foi o día solicitado polo Centro no comezo do curso, e autorizado pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2016-17.
Desta volta disfrutamos unha xornada de diferentes deportes e xogos tradicionais cos compañeiros do CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz. Foi unha xornada moi intensa e divertida coa que se dou por finalizada esta tempada de XOGADE. Esperamos que as xornadas do próximo ano sexan igual de productivas.
Na clase de 2º de primaria realizamos unha actividade moi divertida: Somos Piratas!
A través dunha páxina web eliximos rutas e imos facendo os exercicios que nos piden. Resulta moi divertido, porque ao acabar unha ruta conseguimos un anaco de mapa, para chegar a un tesouro que se agocha no patio.
Empregamos a aprendizaxe cooperativa para realizar as tarefas en grupo. E as tarefas están deseñadas coas intelixencias múltiples e a taxonomía de Bloom, pero non deixan de ser actividades de lingua castelá de segundo de primaria. Repasamos moitos contidos.
O tesouro eran moedas de chocolate, repartimos unha para cada neno e nena.
O vindeiro domingo conmemórase o Día do Libro, polo que levamos uns días en 3º e 4º de ESO a preparar esta data tan significativa. Quixemos adicarllo ao recentemente desaparecido escritor galego Agustín Fernández Paz. Traballamos cos seus libros «A neve interminable», «Cartas de inverno», » As fronteiras do medo» ou «Corredores de sombra» e profundamos un pouco na súa biografía, obras publicadas, ou premios acadados ao longo de toda unha vida como mestre e narrador. No corredor de Secundaria prepraramos unha pequena exposición coas súas obras e os traballos realizados polo conxunto do alumnado para a ocasión.
Para rematar, este venres fixemos unha lectura para os compañeiros, dun dos capítulos do libro de misterio «A neve interminable».
A toda a comunidade educativa: feliz día do libro!
O venres 7 de abril os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de Primaria disfrutaron dun día lúdico no parque Galipark de Padrón, onde realizaron múltiples actividades.
O obxectivo desta xornada foi fomentar a vida saudable , o traballo en equipo e as relacións sociais.
Como remate os nenos e nenas participaron nunha clase de reanimación RCP a cargo do mestre de Educación Física, onde tomaron conciencia da importancia de actuar con rapidez e cunhas nocións de primeiros auxilios.
Esta mañá en 3º e 4º de ESO dispuxémonos a preparar o vindeiro Día do Libro. Á volta de vacacións adicaremos este día ao desaparecido autor Agustín Fernández Paz, polo que estamos a ler algunhas das súas obras: «Cartas de inverno», «As fronteiras do medo», «Corredores de sombra» ou «A neve interminable».
Destas lecturas daremos boa conta nunha celebración nas próximas datas. De momento estamos deixando voar a imaxinación e como vedes, estamos feitos uns artistas!
O pasado luns, 3 de abril, os alumnos dos dous primeros ciclos da primaria acudiron ao Teatro «SALESIANOS» na cidade olívica.
Alí viron representada a obra PETER PAN, unha adaptación moderna, divertida e en inglés que fixo disfrutar a nenos e mestres.
Unha vez rematada a obra os nenos e mestres desfrutaron da comida no Fogar San José, que as Fillas da Caridade teñen nesta cidade. Despois da comida disfrutaron dun momento de lecer, de xogos e convivencia cos seus compañeiros.
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO pasamos o día na Coruña para disfrutar da física e da ciencia. Pola mañán visitamos a Casa das Ciencias onde nós mesmos puidemos probar os experimentos, logo, asistimos ao Planetario no que nos explicaron a nosa Galaxia.
Ao rematar fomos á DOMUS onde comemos e puxemos a proba a nosa maña e intelixencia. Alí vimos unha pelicula en 3D chamada «Os Pequenos Xigantes».
Despois fomos ao centro comercial Marineda City onde disfrutamos do noso tempo libre.