HORARIO XUÑO

O vindeiro xoves 1 de Xuño, comezará a xornada única de mañán,  polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 ( os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).

Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.

Disfrutando con Pobo Aventura!!!

Esta semana, os alumn@s de 3º e 4º de Primaria desprazámonos ata Teixeiro (comarca de Curtis), onde coa axuda da empresa Pobo Aventura puidemos disfrutar dunha xornada lúdica e didáctica no seu entorno.

en fila pobo aventuraen marcha!!

Nada máis chegar ao Centro Etnográfico do Mandeo, as monitoras agrupáronnos en 3 equipos: azul, verde e amarelo, e fixéronnos participar nunha competición de rastrexos pola contorna do  río Mandeo.

repoñendo forzas

Tras retomar forzas no xantar, contáronnos varias lendas moi interesantes sobre a comarca. E como peche do día, demostramos as nosas habilidades no tiro con arco.

Alexia tiro con arcotiro en pobo aventuraXoel tiro con arcoactividades de rastrexo

Granxa Escola Kirico

Os nenos de 5º e 6º de Infantil xa fixeron a súa excursión á Granxa Escola Kirico. O programa escolleito foi “Os alimentos”.

FOTO 3

Foi un día moi divertido desde que saímos do cole e subimos ao autobús onde todos cantamos e xogamos ata que chegamos de volta.

FOTO 4

Na granxa había varios monitores esperándonos para presentarnos o programa do día:

  • Visita aos animais (coñecelos, darlles de comer e tamén muxir á vaca Olivia).
  • No invernadoiro aprendemos sobre as plantas.
  • Na horta plantamos, arrincamos malas herbas e regamos.
  • Fixemos un semilleiro de xirasol que trouxemos para a casa.
  • Tivemos un taller de cociña onde elaboramos galletas que tamén trouxemos para a casa.

FOTO 2FOTO 1

Foi un día especial e as nosas profes din   que nos portamos xenial!

A festa das Letras Galegas

Co motivo da festividade do día das Letras Galegas @s nos@s alumn@s adentráronse na vida e obra de Carlos Casares simulando unha clase.

 IMG_2819IMG_2818

Comezaron cunha pandereitada a cargo dos rapaces de 2º e 3º de E.P. e rematou cunha mostra de regueifas levadas a cabo pol@s alumn@s de 6º de E.P.

IMG_2821IMG_2820

400 ANOS CARISMA VICENCIANO

Este ano toda a comunidade educativa estamos de celebración! Pais, nais, alumnos profesores, irmás, persoal non docente, exalumnos… e todos os que formamos a familia vicenciana festexaremos o 400 aniversario do carisma vicenciano. Un carisma que deixou e segue deixando pegadas moi profundas do amor incondicional de Xesús aos necesitados a través de San Vicente ao longo destes 400 anos.

Con motivo desta gran celebración, invitámosvos a unha convivencia-Día Vicenciano no no noso colexio, o 27 de maio.

O horario será de 11:00 a 18:00h e realizaranse diversas actividades:

  • Pola mañá haberá animacións, talleres creativos e Celebración Eucarística…

  • A mediodía picnic na horta do colexio.

  • Pola tarde xogos en familia, ginkana…

  • Remataremos… cunha chocolatada!

Avisos importantes:

  • Cada un traerá a súa comida. Haberá posto de bebida, salados…

  • As alumnos/as de Educación Infantil e E. Primaria, deben ir acompañados por un familiar adulto.

O primeiro en lembrarse desta data tan sinalada para nós e así facelo público foi o Papa Francisco. Agasallando a toda a familia vicenciana coa indulxencia plenaria.

ENLACE