Día de Guinea Ecuatorial

Con motivo do día de Guinea Ecuatorial (18 de abril) tivemos unha celebración para os alumnos de 6º de Educación Primaria e toda a Educación Secundaria. Os nenos e as nenas de 1º da Educación Primaria puxemos o noso granciño de area e expuxémoslles aos compañeiros todas as cousiñas que aprendemos durante a elaboración do proxecto (explicación da bandeira, comida típica, escultores, flora, fauna, vivenda, costumes…) e como broche final representamos unha pequena obra de teatro.

fotoooofotooo22

ROBÓTICA NA FEIRA DA EDUCACIÓN

Alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron ao taller de robótica na feira da educación (We Robots). Nunha primeira parte viron unha breve introdución á programación mediante bloques usando Scratch.

IMG_3363

Na segunda parte programaron un coche para que obedecera as ordes asignadas coas flechas do teclado do ordenador. Usaron o programa Fritzing para proxectos baseados en Arduino.

SHOW COOKING NA FEIRA DA EDUCACIÓN

A profesora Tamara, que xunto coa profesora Olalla, imparte durante todo o ano Cociña Creativa no cole para rapaces de primeiro a cuarto de educación primaria, propuxo un taller de cociña para a Feira da Educación de Ribeira.

IMG_3301     IMG_3307

Tamara xunto coas súas colaboradoras habituais, Andrea e Lydia, explicáronlles aos nen@s de primeiro e segundo do colexio de Carreira como se facía unha pizza de frutas sen usar o forno. Pasaron unha hora moi agradable e levaron que contar para a casa.

IMG_3310     IMG_3308

QUICO CADAVAL

Os rapaces da ESO tivemos a sorte de escoitar en directo a un artista da nosa terra: QUICO CADAVAL. Empezou falándonos dos contos de sempre para logo mergullarnos nas lendas de Ribeira.

Grazas Quico,  pasamos unha hora moi entrañable na túa compaña.

CANTAROLAS NA FEIRA DA EDUCACIÓN

Os alumnos e as alumnas de 1º da Educación Primaria visitamos a Feira da Educación para asistir á actividade «Cantarolas para xente miúda». Un concerto infantil de música tradicional baseado na obra de Neira Vilas.

IMG_3510IMG_3512

 

IMG_3509

Aproveitamos a saída para visitar os diferentes stands dos colexios que participaron na Feira.

IMG_3511
Pasamos unha mañá moi divertida e como recordo trouxemos dous libros.