Concurso de poesía Centro Recreativo de Artes

O pasado domingo achegámonos a Artes para recoller os premios de poesía que acadaron dous alumnos do noso centro no IV concurso de poesía Asociación Cultural «Albariza» Artes 2017.

Na categoría de 9 a 11 anos, a premiada foi a alumna Candela Fernández Leyenda, cun 3º premio pola obra «Galicia».

IMG_3295

Na categoría de 12 a 14 anos o premiado foi José Valiño Vidal, co 2º premio pola obra «A curiosidade».

IMG_3299

O centro recolleu unha placa conmemorativa pola súa participación no certame.

Noraboa, rapaces!!!

Fin de curso 3º ciclo de Primaria

unnamed (5)

Os alumn@s do 3º Ciclo de EP remataron o curso cunhas xornadas festivas e culturais.
Visitaron A casa das Ciencias co seu paso polo Planetario,
rematando cunha tarde pasada por agua no Parque acuático de Cerceda.

unnamed (2)unnamed (3)unnamed (4)

 

 

 

 

 

 

Ao día seguinte fixeron unha andaina para disfrutar do entorno natural e arqueolóxico do castro de Baroña.

unnamedunnamed (1)

 

 

 

 

Bo verán a tod@s.

Despedida 6º EP

unnamed

Os alumn@s de 6º , rematan a súa etapa en Primaria, deixando atrás momentos inesquecibles. Dan comezo a un novo proxecto coa súa entrada na ESO, con moita ilusión e grandes esperanzas de rematar a súa formación como persoas.

unnamed (1)

A perseverancia debe ser a túa compañeira.

Non te rindas!

Club Creativo

Dende o 27 de maio  e con motivo da conmemoración dos 400 anos do Carisma Vicenciano, o taller de Club Creativo, que leva funcionando no centro dende hai varios anos a cargo de José e Paula, comenzou un proxecto para realizar cos alumn@s e así quedar constancia do noso carisma: Servizo.

unnamed (2)
O noso agradecemento por esta iniciativa e por encher de cor os nosos espazos, e por suposto, por encher  de creatividade e ilusión o corazón dos nosos alumn@s.
Grazas!

Proxecto «Vicente Fernández»

IMG_3053O noso centro está a colaborar na campaña solidaria de recollida de material escolar dentro do Proxecto «Vicente Fernández», realizada por  SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para enviar nas vindeiras semanas aos colexios dos campos de refuxiados de Tinduf. Todas aquelas familias que desexen aportar a súa axuda, poden facelo ata final de curso, momento no que se remitirá á asociación para o seu envío.

Moitas grazas pola súa participación!

MATRÍCULA ALUMNOS NOVOS

Informamos que o  martes 27 de xuño ás 17:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2017-18.

Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro, e proceder á formalización noutro horario.

VISITA AO CIFP COROSO

Un grupo de rapaces interesados pola FP visitamos as instalación do centro de Coroso dentro dunhas xornadas de portas abertas.

unnamed
Foi moi interesante, vimos in situ como se aprenden todos aqueles oficios grazas aos que se amañan ou instalan cousas que nos facilitan a vida diaria.

unnamed (1)

Celebración mes de maio

Como cada ano os alumn@s de E.P despiden o mes de maio cunha pequena celebración  na capela.

unnamedunnamed (5)

 

A figura de María e un modelo de nai, compañeira, amiga… que tod@s debemos seguir.

unnamed (4)unnamed (3)

 

Este ano fixemos fincapé no esforzo por conseguir as cousas indo en ocasións máis aló das nosas forzas e non rendirse no camiño.

unnamed (1)unnamed (2)

De excursión a Barosa!

Os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria convertémonos en pequenos panadeiros!

IMG_2498IMG_2491

Démoslle fin ao mes de maio visitando o Parque da Natureza dos Muíños de Barosa. Alí aprendemos como funcionan os muíños e os fornos de pedra, a súa historia e os procesos da elaboración do pan.

IMG_2566

Tamén coñecemos os distintos tipos de cereais, como ao moelos se consegue a fariña e  os diferentes ingredientes que leva a masa para elaborar o pan.

IMG_2486IMG_2484
Participamos nun taller de amasado de pan onde acabamos todos enfariñados.

IMG_2493IMG_2490

Rematamos a xornada, disfrutando durante un  bo anaco de xogos ao aire libre.

IMG_2422IMG_2434

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cada neno/a trouxo para a súa casa un moletiño de pan de recordo.

IMG_2506IMG_2505

Pasamos un día moi divertido!

IMG_2420