
O pasado mércores, 27 de setembro, todo o noso colexio estivo de festa.
Era un día moi especial para todos nós xa que celebramos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade e gran amigo noso.
Toda a Educación Infantil e Primaria realizou unha celebración na capela do colexio e a Educación Secundaria unha Eucaristía de principio de curso, tendo moi presente nas nosas peticións o 400 aniversario do carisma vicenciano.



Finalmente unímonos todos creando un gran puzzle con frases do noso fundador.

E continuando as pegadas de San Vicente de Paúl, ao longo desta semana levamos a cabo diferentes talleres, onde contamos coa colaboración dos nenos e nenas de Secundaria guiando aos máis pequenos na elaboración dos mesmos.


