» LA FAMILIA ES LA PRIMERA COMUNIDAD DE VIDA Y AMOR, EL PRIMER AMBIENTE DONDE LA PERSONA PUEDE APRENDER A AMAR Y SENTIRSE AMADA”
JUAN PABLO II
O pasado venres día 15, o noso centro participou no festival organizado por Cáritas.
Os alumnos de 5º interpretaron a panxoliña “Le voy a adorar” e colaboramos coa posta en escena da obra “¿Qué es la Navidad?” coa que nos adentramos no Misterio do Nadal, que fai que cambie a nosa mirada, o noso sentir e sobre todo a nosa maneira de actuar.
Dende o Departamento de Pastoral queremos facervos chegar o noso máis sinceiro agradecemento pola vosa colaboración na campaña da Operación Kilo. Coa vosa axuda poderemos entrar naqueles fogares onde máis nos necesitan e facer que un sorriso saia de moitas familias para que poidan ter un Nadal un pouco máis acolledor grazas á vosa solidariedade.
“Un kilo de comida… un millón de grazas”.
O pasado día 19 de decembro, realizouse no complexo deportivo de A Fieiteira a carreira de campo a través “III Memorial Vicente Fernández” onde os nenos e nenas do noso colexio, dende terceiro ata sexto de primaria, pasaron unha xornada deportiva apaixoante participando con alumnado de outros colexios da zona, onde o máis destacable foi o gran ambiente vivido nesta festa do deporte.
O noso alumno, Pablo Ruiz, clasificouse na categoría benxamín para a disputa da proba intercomarcal debido ó seu gran terceiro posto. NORABOA!!!
Achegámoslles os horarios dos distintos festivais, así como o da Eucaristía da familia, que se vai celebrar o vindeiro xoves 21 ás 18:00 horas na capela do Colexio. Por suposto, quedan convidados.
Para non ter problemas de aforo, o festival realizarase en dúas datas:
INFANTIL , 1º,2º de PRIMARIA e Guitarras mércores día 20 de decembro, ás 16:30
PRIMARIA (3º,4º 5º e 6º) e teatro xoves día 21 de decembro, ás 16:30
Abriranse as portas do salón ás 16:15 horas no dous días.
Un ano máis dende EI ata a ESO comprometémonos a pór o noso gran de area para axudar a combater a desnutrición infantil colaborando coa O.N.G Save The Children.
Tod@s participamos dunha tarde de convivencia e deporte, onde coa nosa aportación económica poderemos axudar aos nenos a superar un episodio de desnutrición (15€), recibir leite terapéutica durante unha semana (50€) paquetes básicos de antibióticos que proporcionan protección contra a neumonía e diarrea(100€).
Grazas a tod@s pola vosa colaboración, e en especial ás familias polo seu apoio.
Os alumn@s de 5º e 6º de E.P. disfrutaron dunha xornada educativa fóra das aulas.
Visitaron as instalación de Meteogalicia e a estación de Control do Aire Ambiental, onde tomaron conciencia da importancia que ten a calidade do aire para as nosas vidas.
A continuación fixemos un paso polo tempo no mundo da educación coa visita ao MUPEGA, onde coñeceron de cerca algúns dos materiais escolares e xogos de antano.
Para rematar a xornada visitamos a Cidade da Cultura onde entendemos a súa arquitectura e a utilidade dos seus edificios .
Xa que este curso estamos traballando o valor do servizo, implicarémonos agora cos necesitados que están máis preto de nós. Gustaríanos que as nosas familias participen na campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros. Cada un, dentro das súas posibilidades, pode traer ao colexio alimentos coma leite, conservas, aceite, azucre, galletas, alimentos infantís, arroz, pasta e produtos típicos destas datas.
Dende o Departamento de Pastoral dámosvos as grazas pola vosa colaboración.
Hai xa máis de 2 meses, os alumn@s de 4º de EP, chegaban emocionados e nerviosos por comezar un novo curso. Neste primeiro día, foron recibidos cunha carta, na que persoalmente se lles daba a benvida ao Colexio Hogwarts de Maxia e Bruxería.
Poñíanse en marcha dende o Andén 9 ¾ da estación de King Cross e buscaban o seu asento no Expreso de Hogwarts.
Tras pasar a proba do Sombreiro Selecionador, cada alumno disponse a traballar moi duro pola súa Casa: recetas e pocións máxicas, visita a Privet Drive, celebración de Halloween, Rúa Diagon… Unha longa travesía comeza para eles: coñecer a través das pegadas de Harry Potter as inquedanzas, aventuras e valores dun dos magos máis coñecidos de todos os tempos.
Quedan moitas probas ao longo deste ano, pero só unha casa, Hufflepuff, Gryffindor, Slytherin ou Ravenclaw… acadará a vitoria e se fará coa Copa das Casas. Que gañe o mellor!