AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Consellería de Educación  acaba de anunciar no DOG do 7 de febreiro, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.

Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2016/17 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.

Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo:

Obradoiros A Creba

unnamed

Continuando coas xornadas  de sensibilización coas enfermidades  mentais , os usuarios da asociación A Creba desprazáronse na mañá do venres,  ao noso colexio para levar a cabo un obradoiro en vivo dos diferentes traballos que realizan na asociación.
Asistiron os alumnos de 5º e 6º participando na elaboración dos mesmos con entusiasmo e empatía.

32
Os nosos rapaces puideron comprobar como a discapacidade que sofre este colectivo non é un impedimemto para poder desenvolver unha vida normalizada e integrada socialmente.

46
Tanto a entidade como a comunidade educativa do colexio destacan e comparten a importancia destas convivencias para destapar a realidade que xira en torno a este colectivo que está moi estigmatizado.

Infancia Misioneira

untitled

Ao longo da semana pasada, levamos a cabo a campaña de Infancia Misioneira baixo o lema “Atrévete a ser misioneiro”. Fixemos varias actividades de sensibilización que comezaban cada mañá no momento da oración. Con elas facíase ver a importancia da misión de cada persoa para lograr un mundo máis xusto e servicial, e logo continuaban con actividades interdisciplinares. A seguir engadimos o enlace da páxina web onde se pode visualizar o destino da axuda recollida nestes días:

https://www.omp.es/jornadas-infancia-misionera/

Moitas grazas pola vosa colaboración, sen a axuda de todos non sería posible.

Deporte escolar

10

O pasado día 31 de xaneiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio do Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

7 9

8

Día da Paz

O martes, 30 de xaneiro, Infantil ata 4º da ESO reunímonos para conmemorar esta data coa realización dunha pequena homenaxe a eses homes e mulleres que loitaron pola paz.

pazz

Cada curso elaborou un sinal que simboliza a apertura a un mundo novo con novos sentimentos e emocións e sinais de Stop que poñen freo a todo aquilo que fai escurecer o noso entorno .

Cada curso realizou unha votación para elixir ao alumn@ que mellor resolve os conflitos da aula e foi galardoado cun diploma que recoñece ese labor.

Os alumn@s de 4º da ESO foron os encargados de leren o manifesto onde quedou reflectido que queda moito por facer e que cada un de nós somos importantes para conseguilo.