Mes: abril 2018
VIAXE Á ANTÁRTIDA
» ANAGNÓRISE «
Os rapaces de 4º da ESO fomos agasallados cun exemplar de «Anagnórise» de María Victoria Moreno, ( autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas), por parte da editorial Galaxia, así como coa interpretación do libro feita por Limiar Teatro.
Eles presentáronnos a súa particular visión, moi ben traída, da historia de Nicolau e o seu amor de xuventude.
Grazas a Galaxia e a Limiar Teatro porque nos fixeron soñar unha vez máis.
Proxecto Educación Infantil
No Colexio este ano o obxectivo a traballar é » O Servizo». Nas aulas de Infantil decidimos mostrar aos alumnos certos oficios nos que a súa tarefa é axudar ás persoas que forman parte da comunidade ( bombeiros, policía, sanitarios), arriscando moitas veces as súas vidas para axudar ós demais. Esta semana tivemos a primeira visita adicada aos policías, así os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer tamén por dentro o coche da policía municipal, onde disfrutaron moito, poñendo en funcionamento as sereas.
Leonardo e os fontaneiros
Os discentes de 1° e 2° da ESO asistiron, ao Auditorio de Ribeira, á representación teatral da obra: Leonardo e os fontaneiros, da autora á que se adica este ano o día das Letras Galegas; María Victoria Moreno.
PEQUENOS MAGOS EN ACCIÓN
TRABALLANDO CON ARDUINO
Os alumnos de 3º da ESO remataron o proxecto de simulación do funcionamento de semáforos de peóns e automóbiles. Utilizaron para esta tarefa o microcontrolador ARDUINO, que foi programado no entorno VISUALINO.
Neste proxecto os alumnos achegáronse aos fundamento básicos da programación de microcontroladores mediante entornos sinxelos e decatáronse das enormes posibilidades que ofrecen este tipo de placas.
LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 2018-19
Xa se pode consultar a listaxe provisional de admitidos para o curso 2018-19 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS