Día da Nai

Hai poucos días comezamos o mes de maio e os nenos/as de 1º de Primaria estivemos moi ocupados preparando o regalo da NAI, que se celebrou o pasado domingo 6. Esta é unha mostra dos agasallos que fixemos, incluída a bolsa de agasallo.

IMG_20180503_130844

 IMG_20180509_114505

 

Casa Grande de Xanceda

Como broche de ouro para rematar o mes de abril, os nenos/as do Primeiro Ciclo da Primaria tivemos unha saída cultural á Casa Grande de Xanceda. Alí fixemos unha ecovisita guiados por María e Isabel, que nos ensinaron os encantos e recunchos da enorme finca que alberga a Casa de Xanceda. Tamén visitamos as cortes,  sala de muxir , a horta e o eco- zoo. O mellor de todo é que aprendemos a muxir a vaca Rosalía,  que tivo moita paciencia con nós.

XAN1    XAN

 

XAN

IMG_20180430_133642

Clase de feitizos

Durante esta semana, levamos a cabo unha pequena pesquisa sobre os principais feitizos que abundan na nosa saga. Imperius, Avada Kedavra, Crucio… foron algúns dos feitizos máis repetidos. Botádelle un ollo ás nosas fiestras, a ver cantos identificades!
DSC_1532
DSC_1537DSC_1536

Flor da Dorna

Este ano na Feira da Educación, Cociña Creativa quixo tamén achegar aos máis pequenos a Festa da Dorna,  polo cal elaboraron  cos nenos e nenas que participaron, unha flor da Dorna moi doce. Grazas aos nenos e nenas por participar e facernos desfrutar durante a elaboración desta receita.

peñas                dornadorniña

Pascua

O mes de abril foi un mes moi atarefado para os nenos/as do Primeiro Ciclo da Primaria, xa que comezaron  o mes coa celebración da Pascua, e non o fixeron só na materia de Relixión Católica, senón que tamén a traballaron noutras materias transversais. Aquí temos unha pequena mostra do traballo realizado:

PITOIMG_20180420_180204IMG_20180410_171206IMG_20180405_122247IMG_20180410_171159

Traballando o cómic na aula

Dende a clase de Lingua traballamos o cómic ,abordando o tema do “ acoso  escolar”.
Quixemos compartir cos máis pequenos os nosos traballos e pór o noso gran de area para concienciar e sensibilizar da importancia do respecto para unha mellor convivencia no centro escolar.

1

2

23 de Abril

IMG_20180420_183612_660IMG_20180423_165708_517

O pracer de poder ler un libro  relaxadamente e dun xeito distendido xa pode facerse no CPR A Milagrosa, onde, co motivo de celebrar o Día Internacional do Libro, habilitáronse zonas de lectura e unha exposición de cómics, para fomentar este hábito tan enriquecedor, na entrada de primaria á vista de todos os membros do Centro Educativo.
IMG_20180424_115447_964IMG_20180424_115436_743IMG_20180423_165806_219