Os alum@s de 5º e 6º desfrutan dunha xornada de astronomía e robótica con motivo da Feira da Educación.
O pasado xoves 19 de abril e dentro da Feira da Educación, os alumnos do 1º ciclo da Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos no Auditorio Municipal chamada: «Pan e Chocolate». Desfrutaron dun conto que tiña como tema o amor e a igualdade. Foi moi ameno, xa que foron partícipes da sesión en diferentes momentos.
O pasado mércores 18 de abril, os alumnos de 1º e 2º ciclo da Primaria visitaron o Museo Etnográfico de Artes, onde coa axuda de María e as mestras viaxaron ao pasado, vendo as diferentes salas que o museo ten adicadas aos oficios propios da zona. Alí experimentaron de primeira man como se facía o viño ou como vivían os seus antergos.
Ao rematar a visita disfrutaron do parque que está ao carón con xogos tradicionais coma o pilla-pilla ou o escondite.