Mes: junio 2018
Excursión a Xuño
Os alumnos/as do Primeiro Ciclo da primaria remataron o curso facendo unha visita cultural á Ponte Medieval de Xuño e á praia das Furnas. Na mesma visita aproveitaron para ver a exposición colectiva Artes@n feita por diferentes artistas pertencentes ao Concello. Desfrutaron da mañá e remataron a mesma degustando un delicioso xeado.
Excursión ás Illas Cíes
GRADUACIÓN EN HOGWARTS!!!
UN BOTE POLA IGUALDADE
Unha clase de Quidditch
EXCURSIÓN Cuarto curso de Infantil.
Os pequenos do Colexio xa fixemos a nosa excursion e pasámolo xenial.
Fomos ao cámping Arosa II , máis coñecido por nós como o cámping A Cascada. Aínda que está moi preto do noso colexio, non por iso nos fixo menos ilusión esta excursión. De camiño pasamos pola casa do noso compañeiro Ángel Pérez, xa que ao longo do trimestre, traballando as unidades didácticas de animais e prantas fomos descubrindo que alí tiñamos que ir visitar os seus animais ( cabalo, porco, xabarin, coellos, pitiños,…) e a pena foi non poder ver funcionar o muíño de auga pola xiada que había no eirado.
Foi unha experiencia divertidísima e a avoa de Ángel atendeunos con moito cariño.
Continuamos cara o cámping, onde fixemos un percorrido visitando as diversas maneiras de vivir alí : caravanas, tendas, bungalows… Visitamos tamén os animais e xogamos no parque. E tivemos a sorpresa da actuación da pallasa Troskyta que nos maquillou e nos fixo rir moito.
Como despedida, o señor Manuel levounos de percorrido no tren infantil e ao rematar, voltamos para o Colexio.
Foi unha xornada inolvidable.
STEMweek 2018
Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa. Destinatarios alumnos de 3º e 4º da ESO de centros sostidos con fondos públicos. Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25248
Flores dorneiras
Este ano a Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira tivo a iniciativa de presentar un proxecto cargado de orixinalidade e creatividade: repartir máis dun centenar de flores dorneiras por colexios, asociacións e artistas da comarca coa finalidade de invitalos a reflectir as súas interpretacións do símbolo dorneiro. E, como non, dende o Colexio da Milagrosa tamén quixemos mostrar o talento artístico do noso alumnado presentando 6 flores.
ALUMNADO NOVO INGRESO
O vindeiro luns 25 de xuño ás 17:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2018-19.
Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro, e proceder á formalización noutro horario.