Lembramos que o vindeiro 2 de novembro e o 7 de decembro (día do ensino), non serán lectivos.
Mes: octubre 2018
24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares
Os corredores cobran vida
Visitamos o laboratorio
Playing HANGMAN!
Nesta semana, os alumn@s de 6º de Primaria, empregamos un novo recurso para traballar o vocabulario na materia de Social Science.
Coa colaboración de todo o grupo, fomos adiviñando os termos escondidos que xa foran traballados na unidade. Ao mesmo tempo, íamos nomeando os ósos que queríamos que os nosos compañeiros colocasen no esqueleto.
Como dixo o Doutor en Neurociencia Francisco Mora: “Só se aprende o que emociona”, e nós esta semana conseguimos espertar ese interese polo saber.
Lemos na aula
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO comezamos a traballar o Plan Lector deste trimestre coas obras de An Alfaya: A cea das enaguas e O cero escuro.
Avanzamos na lectura e na clase compartimos as nosas valoracións, comentamos personaxes, puxemos banda sonora a algunhas escenas da obra, agardamos polo final…
Disfrutamos de xeito diferente dos libros.
Xornada da Prevención de Incendios
Esta semana, os alumn@s de 4º de E.P. asistimos a unhas charlas sobre os principais riscos e focos de incendio no entorno doméstico.
A continuación, e grazas á colaboración da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros de España, a Fundación Mapfre e os Servizos de Bombeiros de Ribeira, aprendemos a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP), montamos no camión de bombeiros e na lancha motora, e puidemos probar a indumentaria que deben empregar nos seus rescates.