AS EMOCIÓNS NA AULA

 

DSC_0367    DSC_0363
Ao longo deste mes, os rapaces de 4º levaron a cabo unha rutina de saúdos, co obxectivo de mellorar as relacións persoais e fortalecer os vínculos entre os diferentes membros.
Cada mañá, un neno era responsable de recibir aos seus compañeiros na aula.
Estes, ao chegar xunto o alumn@ responsable, elexían o modo en que o ían saudar: cun abrazo, un choque de mans, de puños, ou chocando os cinco.
A verdade é que estaban impacientes porque chegase a súa quenda, e iso axudáballes a comezar o día con moita máis ilusión.
DSC_0242
DSC_0331

AFONDANDO NA ETNOMUSICOLOXÍA

 

DSC_0325 DSC_0324
Os rapaces de segundo da ESO levamos varias sesións traballando a organaloxía musical.
Analizamos o timbre, as características e a clasificación dos diferentes instrumentos.
A través do visionado de distintas obras puidemos ver como cohesionaban co resto da orquestra.
_20190126_154205DSC_0317
Pero máis sorprendente foi descubrir aqueles instrumentos propios doutras culturas, e traballar a etnomusicoloxía dos diferentes continentes.
Puideron observar e experimentar con instrumentos procedentes de México, Tailandia e incluso África.
Perderon o medo e animáronse a sacarlle algunha nota aos instrumentos.
DSC_0318DSC_0320

CONCERTO NA AULA 

 

DSC_0372DSC_0370
Os alumnos de segundo seguimos disfrutando de clases diferentes.
Esta semana, e aproveitando que estábamos traballando os aerófonos de vento madeira, puidemos presenciar un concerto en directo.
Grazas á colaboración de Alexandra, que nos deleitou cun Estudo clásico e con varias bandas sonoras moi coñecidas, como «A guerra das galaxias» ou «Mary Poppins», puidemos beneficiarnos da experiencia de escoitar música en directo.

Teatro en inglés e visita ás minas de San Finx

O alumnado de 1° e 2° da ESO, un ano máis, puideron disfrutar da visualización dunha obra de teatro en inglés no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela.

IMG_20190116_123052_566

Finalizaron a saída cultural coa visita guiada ao museo das Minas de San Finx onde puideron poñer en práctica aspectos aprendidos ao longo do curso.

IMG_20190116_161542_976IMG_20190116_160920_020

Día da Paz

IMG-20190206-WA0001[1] (1)

Ilusión, respecto, bicos, humildade, diálogo, empatía, perdón… Son algúns dos ingredientes da receita para conseguir a paz que, simbolicamente, os alumnos do Colexio compartían no día do 30 de xaneiro: o día Escolar da Non Violencia e a Paz. Un día cargado de simbolismo e que serviu como colofón final ao traballo que dende había semanas se estaba levando a cabo coas titorías, amosando a importancia da Paz.  Un tempo de preparación para esta xornada que serviu para captar a mensaxe de non violencia e coñecer de cerca o gran valor e o significado da palabra PAZ.IMG_20190130_162012

IMG_20190130_163306

No acto  de cada etapa,  unha cociñeira mesturaba e remexía os ingredientes, que cada un dos alumnos poñían na pota. Para logo cociñalos a lume lento  no  forno do corazón, onde saiu un irresistible biscoito da Paz .O acto incluíu tamén a lectura dun manifesto e a interpretación dunha canción por parte de alumnos e profesorado: «RECEITA DE PAZ» ou «SOMOS» dependendo da Etapa.

IMG-20190206-WA0003[1]

 Así mesmo tamén se entregaron os diplomas aos campións e subampións  da Liga da Paz dos ciclos da Primaria e da ESO.

IMG-20190205-WA0001[1]