Saída 5º e 6º EP

IMG_8591

Os alumn@s de EP de 1º a 6º asisten á obra de teatro en inglés “Tarzán” no Auditorio de Ribeira.

IMG_8601

Os alumn@s participaron activamente e disfrutaron da actuación.
Seguidamente os máis pequenos visitaron a biblioteca  e coñeceron a figura de Luis Seoane .

IMG_8638IMG_8636

 

 

 

 

 

 

IMG_8625

 

Os maiores de 5º e 6º completaron a xornada coa visita guiada á lonxa onde aprenderon o percorrido que segue o peixe dende que se pesca ata que chega ao mercado; así como a importancia do porto a nivel europeo e como fonte de traballo.

IMG_8650

IMG_8623IMG_8632

PRIMEIROS ACORDES

Cada semana na hora complementaria, un grupo de rapaces de Primaria e Secundaria, xuntámonos para profundar no estudo da guitarra clásica.
Con dedicación e disciplina, interpretamos diferentes obras populares e clásicas. Esta semana tócalle  ao Himno da Alegría.
DSC_0413

LECTURA NA RÚA

Aproveitando os días de bo tempo, os rapaces de cuarto saímos cos nosos libros de Harry Potter e a Pedra Filosofal ao patio para disfrutar da súa lectura nun ambiente diferente.
DSC_0509
DSC_0505DSC_0510

A HISTORIA A XUÍZO

Esta semana fixemos unha valoración das medidas que levou a cabo Fernando VII durante o seu reinado.
DSC_0849DSC_0841
En equipos de cooperativo, e a través dun folio xiratorio clasificamos en 3 columnas cada unha das súas accións. Máis tarde, a través da técnica do semáforo puxemos en común as conclusións obtidas, o que nos permitiu descubrir que nunca debemos xulgar sen coñecer.
DSC_0842DSC_0847

O meu libro preferido é…

Poucas cousas hai que esperten a imaxinación tanto coma un libro. Son tantas as razóns polas que a lectura é importante para todos… aumenta a nosa  curiosidade, sérvenos de  inspiración, libera as emocións, apórtanos información, permite coñecernos mellor…  Un  grupo de alumnos de 4º de ESO estivemos esta semana a traballar cos libros, as personaxes, e as historias que deixaron pegada en nós.  E este foi o resultado e queremos compartilo con vós.

IMG_8472IMG_8473

23 de abril Día do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do libro, e que mellor comezo das clases despois dunhas boas vacacións, que celebrándoo. Por iso, os alumnos e alumnas de 5° de Primaria quixeron deixar a súa pegada sobre os libros que leron nun pequeno mural que, xunto coas creacións que fixeron os discentes de secundaria polo Día da Poesía, deixan inaugurado o «maio cultural», que rematará co día das Letras Galegas.
IMG_20190423_113846_546
IMG_20190423_113911_923
Asemade, aproveitouse esta data tan singular para facer entrega dun premio moi especial a unha alumna do noso centro.
Rocío Valiño de 5° de Primaria foi a gañadora do III Concurso Literario dirixido ao alumnado de 3° a 6° de Ed. Primaria dos CVE de España Norte. O seu poema sobre o valor da Esperanza cautivou ao xurado facéndose valedora do 1° Premio de entre todas as mostras entregadas.
Todos festexaron con alegría a entrega deste agasallo (un ebook) e valoraron a importancia dos textos escritos, sobre todo se as verbas dos mesmos son as nosas.

IMG_20190423_150730_988                           “La Esperanza”

Cuando llegas, mi ser avanza.

Cuando sonríes, me das dulzura.
Cuando te vas, caigo en la desesperanza.

Cuando me dejas de hablar es una tortura.

Con mis celos,

me quedé desde antaño
con este continuo engaño,

quiero oír tus desvelos.

Eres la alegría de mi estado,

y ayudas a mi corazón cansado,
que tiene mucho desagrado,

cuando está levantado.

Con toda esa desconfianza

que tanto me abruma,
hace que mi cuerpo se consuma.
Recuerdo todas esas mañanas que cantabas,
recuerdo todas las tardes que bailabas,
recuerdo esas meriendas que tanto me gustaban,

recuerdo tu sonrisa que en las noches me alegraba.

Sé que algún día te volveré a ver.

Sé que algún día te volveré a tener.
Sé que juntos volveremos a caminar,

como esas tardes que volvíamos a de pasear.

Con tiempo y calma,

poniendo toda mi alma,

volverá mi esperanza.

Rocío Valiño Vidal (5º Primaria)

EXPERIENCIAS ESCOLARES

PHOTO-2019-04-10-17-44-37
PHOTO-2019-04-10-17-44-37 (1)

Sempre resulta agradable escoitar as experiencias e anédoctas dun exalumno da nosa escola, que despois de 60 anos recorda con cariño o tempo vivido no centro.
José Luis contounos como era o centro e todos os cambios que sufriu e deleitounos coas súas vivencias.

Un Vía Crucis especial

O alumnado de 2° da ESO elaborou un Vía Crucis no colexio para comezar as vacacións de Semana Santa cun espírito renovado. Para iso, unha vez feitos e expostos os murais, aproveitaron hoxe a entrada ao centro para realizar as paradas pertinentes diante de cada estación e orar, así, un Vía Crucis moi especial.
Feliz Pascua!!!
IMG_20190412_093306_974 (1)IMG_20190411_175256_768

Visita ao mercado e Feira da Educación

IMG_7377    IMG_7376

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria participaron no taller «Reciclar con xeito» con motivo da Feira da Educación organizada polo concello. Aproveitamos a ocasión para visitar o mercado e ver de cerca os produtos do sector primario.

Os alumnos disfrutaron das actividades e sobre todo da boa acollida por parte dos traballadores do mercado.

IMG_7370