CÁMARAS, ACCIÓN…!!!

 

b34e2186-eab3-4b1b-b136-96b1917161b5

O noso patio de butacas presenta aforo completo para asistir en primeira persoa á estrea da nosa función. Por primeira vez en cines, a produtora “Milagrosa Bros” presenta a súa primeira longametraxe titulada “O mundo do cine”.

IMG_2243

Camerinos cheos de nervios e emocións a flor de pel… Actores noveles, amateurs e veteranos dan os últimos ensaios e encamíñanse ao escenario. Entre rexidores faise o silencio e comeza a retransmisión.

Dende os máis pequenos de Infantil, aos máis maiores de Primaria, van actuando por quendas para presentarnos as melodías e os sons de Disney e das películas máis taquilleiras do cine.

DSCN5206

 

 

 

 

DSCN5209

 

 

Enchen as nosas lembranzas de emotivos e divertidos fotometraxes que nos levan a un mundo de fantasía, e que nos permiten poñer punto final a un curso máis.

Alba de Gloria

IMG_20190621_113435_723_2
Os alumnos/as de 2° da ESO despediron o curso visitando a exposición Alba de Gloria de Castelao no concello de Rianxo, onde puideron desfrutar da mostra que recrea e contextualiza o último discurso que pronunciou Castelao en Bos Aires; un emotivo texto dirixido aos emigrantes que reflexiona sobre a historia de Galicia e o seu futuro.
Asemade, esta experiencia acompañouse cunhas gafas de realidade virtual, a través das cales podían ver aos personaxes que o escritor rianxeiro cita no seu texto e, tamén, recorrer un labirinto de figuras en tres dimensións.
IMG_20190621_105450_951IMG_20190621_102922_647

XXII Mostra de Teatro do Concello

O grupo de teatro do centro, formado por alumnos e alumnas de E.Primaria e dirixido por Sor Francisca Varela,   participou na Mostra de Teatro organizada polo concello. Tanto eles coma o público desfrutaron de dúas obras de humor e entretemento, polo que colleitaron unha chea de aplausos, nunha actuación moi especial.

image3image2

 

Despois da estrea en Ribeira, os alumnos deleitaron no colexio a compañeiros e profesores coa súa actuación nas obras “ Pluft, el fantasma “ e “ El fotógrafo Sisebuto hace fotos en un minuto”. Recolleron o galardón en representación dos respectivos grupos, Xoel e Lucas de 5º de EP.

Parabéns, artistas!

 

image1

VISITA Á CORUÑA

Os alumnos de 5º e 6º disfrutan dun día na cidade da Coruña.
O seu paso polo Acuario  Finisterrae e a Casa Domus non os deixou indiferentes.

IMG_9223IMG_9221

 

Disfrutaron dun tempo de xogo con diferentes actividades ao aire libre.
Para finalizar o día paseamos pola marina ata chegar ao Museo Arqueolòxico e Històrico( Castelo de San Antòn)onde puidemos contemplar diferentes pezas da prehistoria relacionadas coa cidade da Coruña e Galicia.

IMG_9239IMG_9234

Hogwarts – Segunda promoción

DSC_1314
Como non podía ser doutra forma, os alumnos de cuarto rematamos o curso ao máis puro estilo Hogwarts.
Ao longo da mañá, realizamos diversas probas de habilidades e destrezas que nos permitiron demostrar os nosos coñecementos sobre o mundo máxico.
DSC_1306DSC_1302
Tamén disfrutamos do visionado da Cámara Secreta, a segunda entrega da saga.
Como peche a todo un ano de traballo, fixemos o reconto dos puntos obtidos ao longo do curso e máis na xornada de hoxe. Este ano o premio da Copa das Casas recaeu nos alumn@s de Gryffindor.
Noraboa a todos os participantes por este ano de traballo cheo de maxia!!
DSC_1308DSC_1312

Un anaco de nós

Unha vez máis damos peche a outro curso e unha nova promoción abandona as nosas aulas.
Listos para buscar novas metas e novos soños que os conduzan a obxectivos máis grandes, comezades esta andadura con ilusión e coa certeza de que o camiño andado é só o principio de próximos logros.
Hoxe despedímonos, como familia vicenciana, entre bágoas e sorrisos polos momentos que xuntos vivimos; pero coa confianza de que esta será a vosa casa, xa que un anaco de vós permanecerá para sempre nas nosas lembranzas.
DSC_1326DSC_1324DSC_1320

ALUMNADO NOVO INGRESO

O vindeiro xoves 27 de xuño ás 17:00 horas, terá lugar a reunión informativa coas familias dos alumnos de novo ingreso para formalizar matrícula para o curso 2019-20.

Aquelas familias que non poidan asistir, pódense poñer en contacto co centro, e proceder á formalización noutro horario.

XIII Concurso de Poesía Francisco Añón

IMG_20190612_203057_345_2
Este ano o primeiro premio, na categoría D do concurso de poesía dedicado a Francisco Anón, foi outorgado a Carmen Yuan (1° da ESO) co seu poema titulado «Queridos adultos»; un poema que afonda nas inquedanzas dunha nena fronte ás inxustizas e desigualdades no mundo. Un poema para facernos reflexionar, e unha acción para tomar exemplo; posto que o premio (210€ en libros) serán destinados á Unidade de Oncoloxía Infantil do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, tal como o solicitou a nosa gañadora.
Parabéns!!!
IMG_20190517_191437_736IMG_20190517_171900_206

VISITA AO CIFP COROSO

@s alumn@s da ESO fomos convidados a visitar as instalacións  do CIFP COROSO.

IMG_1964

Puidemos ver as aulas  e o que se pode aprender a facer nos  distintos ciclos que imparten, así como coñecer que a oferta de traballo é grande e ampla.

IMG_1963IMG_1961

Grazas ao centro de COROSO.