Este ano rematamos o curso celebrando a entrega do 2° Premio de Poesía do Concurso do Centro Recreativo de Artes a unha alumna de 1° da ESO: Carmen Yuan .
Con este, xa van 6 premios externos ao centro que recaen nos nosos rapaces e rapazas.
Recordemos a:
-Iria Paz (5° Primaria), 1° Premio Concurso Infantil de Pintura cun debuxo que ilustrou os carteis do Nadal polo concello de Ribeira.
-Rocío Valiño (5° Primaria), 1° Premio III Concurso Literario de Ed. Primaria dos CVE de España Norte sobre o valor da Esperanza cun poema.
-Grupo de Audiovisuais 4º ESO: 1° Premio III Certame de Curtas Alberto Romero, coa obra » Tormenta mental» dirixida e producida por Hugo Fontaíña e protagonizada por Xián Vila.
-Carmen Yuan, 1° Premio XIII Concurso de Poesía Francisco Añón.
-Lidia Brión (6° Primaria), 1° Premio do Concurso do concello de Ribeira para celebrar o Día das Letras Galegas cunha banda deseñada.
-Carmen Yuan, 2° Premio V Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes.
Por iso, queremos rematar o curso felicitándoos e desexándovos a todos un moi bo feliz verán!!