Os alumn@s de 2º de EP visitan o laboratorio do colexio, para ver de preto como está formado o noso esqueleto.
Saímos ao patio para estudar os sentidos , e percibir a través dos mesmos diferentes sensacións.
O 25 de outubro de 1916 o poeta e dramaturgo Federico García Lorca chegou por vez primeira a Galicia. Volvería noutras tres ocasións a Pontevedra, Compostela, A Coruña, Lugo… Grande embaixador da cultura galega e autor de «Seis poemas galegos», está sendo homenaxeado no Museo do Gravado de Artes, xunto co seu compañeiro de xeración, Rafael Alberti.
Ata Artes desprazámonos o alumnado de 3º e 4º de ESO e cuns guías de excepción, puidemos visitar a exposición «Xeración do 27: Lorca e Alberti», na que vimos, por exemplo, 12 augafortes orixinais de Alberti para ilustrar os poemas de Amor e Mar ou as litografías que creou para o Romancero Gitano de Lorca. A exposición tamén inclúe a edición da obra do granadino, Poeta en Nueva York, ilustrada por Eduardo Naranjo.
A experiencia no taller de gravado non nos deixou indiferentes, e ata puidemos serigrafiar nós mesmos algunhas pezas. Fíxonos moita ilusión!
Para rematar, visitamos a espléndida biblioteca ilustrada que conserva fondos do s. XVI ao XX.