POTTERMANÍACOS

Aproveitando os últimos días, profundamos no coñecemento das criaturas máxicas.
Con moito esforzo e concentración, cada alumn@ foi creando o seu bowtruckle e aprendendo un pouco máis sobre este gardián dos bosques.
IMG_20191217_110206IMG_20191217_110212

Os bolechas van a Ribeira

A pasada semana tivemos unha visita especial. Loli Crujeiras, directora do CIM de Ribeira presentounos un novo libro dos Bolechas: Os Bolechas van a Ribeira. Nel, Uxía, Carlos, Loli… visitan os lugares máis emblemáticos do Concello: a pedra da Ra, as Dunas, o Dolmen de Axeitos…

IMG_20191217_070419

A través desta visita os Bolechas fomentan nos máis pequenos a igualdade e traballan a violencia de xénero e a liberdade sexual.
Os alumnos de 6°de Infantil e 1° de Primaria desfrutaron do conto e participaron nos enigmas que Loli lles propoñía.

IMG_20191217_070605IMG_20191213_102820

Grazas a Loli e ao CIM.

Saída a Pontevedra 

 Os alumnos/as de 1° e 2° da ESO asistiron a unha obra de teatro: R2D2 y El Caballero de la Triste Figura, onde puideron coñecer de maneira lúdica a obra cervantina.

IMG_20191120_113649_071_3

Despois realizaron un roteiro pola cidade seguindo as pegadas de Castelao, e finalizaron a viaxe visitando o Museo de Pontevedra.

IMG_20191120_094742_168IMG_20191120_160001_780

Foi unha experiencia moi enriquecedora.

ULTIMANDO DETALLES

 

A só uns días da gran actuación, os alumnos de 4º de Primaria e 3º de ESO atópanse emocionados dándolle os últimos retoques á súa panxoliña.
IMG_20191210_124832
Con todo preparado para este xoves, esperamos ser do agrado de todos.
IMG_20191211_153137

ROMPENDO CADEAS!

IMG_20191114_170354

 Ao longo do mes estivemos traballando a importancia da igualdade entre homes e mulleres.
A través da escenografía dunha canción e o visionado de diferentes entrevistas, aprendemos o significado da loita contra a violencia de xénero.
IMG_20191120_093421IMG_20191120_093419
Dentro da nosa aula, temos unha parede chea de curuxas que foron portadoras de nomes de mulleres.
 Como remate final, construímos unha cadea chea de mensaxes de apoio para todos os que se atopan nunha situación tan dura.
IMG_20191210_113235

Seguimos formándonos: XV Xornada de Normalización Lingüística

Image-1
O 29 de novembro as profesoras de Lingua e literatura galega de Secundaria  asistimos ao curso: «XV Xornada de Normalización Lingüística» onde afondamos na figura de Carvalho Calero, autor ao que se adican  as Letras Galegas no vindeiro 17 de maio. Asemade, puidemos desfrutar das experiencias levadas a cabo por outros centros e institucións, coma o Servizo de Normalización Lingüística da USC, para dinamizar o uso da nosa lingua, e achegar ao profesorado e alumnado as novidades nas  ferramentas coma o bUSCatermos ( banco de terminoloxía multilingüe) ou o Digalego ( un dicionario con múltiples recursos).  Nas xornadas tamén asistimos á entrega de premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas do fomento do galego e a mostra ganadora do XI Premio Innovación Antonio Fraguas. En resumo, foi unha xornada onde a protagonista foi a nosa lingua nai: o galego.
IMG_0734 (1)

 

Día de la Milagrosa

DSC00055

IMG_20191202_223324IMG_20191202_223232

El pasado día 27 ,nuestro centro inició un triduo festivo en la capilla. Allí los más pequeños celebraron la Virgen Milagrosa, con oraciones y un teatro sobre el significado de la Medalla demostrando nuestra devoción a la Milagrosa.

IMG_20191127_104643DSC00018

Ha sido una celebración alegre, sencilla y participativa, en la que los alumnos de 5°,6°de Infantil y 1º  ciclo de primaria, han explicado a los más pequeños, la historia de la Medalla Milagrosa.
Para los más pequeños, 3 años, fue toda una novedad, puesto que era la primera vez que se acercaban a la capilla.
Los alumnos de Infantil han llevado a la celebración una medalla de la Virgen Milagrosa, realizada por ellos mismos, con ayuda de sus tutoras. Después de la imposición de la Medalla a los nuevos alumnos, cantamos una canción a la Virgen: “María mírame”, en la que le pedimos que  nos mire, nos cuide, como cuidó a Jesús, su Hijo. María es también nuestra madre y así lo sentimos.
Con motivo de las festividades de Catalina Labouré y la Fundación de las Hijas de la Caridad nos hemos reunido en la capilla del colegio, celebrando las Eucaristías con los alumnos de ESO y  el 2° y 3° ciclo de primaria.

DSC00020

IMG_20191202_223157DSC00054

 

En las distintas Eucaristías que hemos celebrado, los alumnos han pedido a María que nos anime a vivir siempre unidos a Cristo, haciendo lo que Él nos dice y experimentando su amor que nos hace libres.
Queremos dar las gracias a todos los alumnos por su buen comportamiento y sus muestras de respecto en los actos conmemorativos de la Medalla Milagrosa.

5ff35dab-2cf2-414f-9dac-29cc2deb7ff5 (1) IMG-20191202-WA00009aefb59a-3031-4e31-ab1c-37c89c6d85c8 (1)

 

 

Campo a través «V Memorial Vicente Fernández»

imaxe carreira1

O pasado día 29 de novembro, realizouse no  estadio municipal Ana Peleteiro a carreira de campo a través “V Memorial Vicente Fernández” onde os nenos e nenas do noso colexio, dende terceiro ata sexto de Primaria, pasaron unha xornada deportiva apaixonante participando con alumnado de outros colexios da zona, onde o máis destacable foi o gran ambiente vivido nesta festa do deporte.

imaxe carreiraimaxe carreira 2