Mes: enero 2020
A Fiestra de Cooperativo
Obradoiros de lingua
Unha das actividades lúdicas e de aprendizaxe máis interesantes que traballamos ao longo do curso de 3º de ESO son as tardes que adicamos aos Obradoiros de Expresión Oral.
Imaxinación, orixinalidade, investigación e moito traballo detrás dan como resultado exposicións nas que eliximos temas actuais e que nos interesan como mozos e mozas de hoxe.
Cos nosos deportes favoritos, o baloncesto e o fútbol, afeccións como a pintura á acuarela ou o cine, o Ciberbullying , os coches híbridos e problemáticas adolescentes, comezamos esta semana a nosa rolda de exposicións orais.
E como desexo para as vindeiras sesións, lembramos o final da exposición sobre Star Wars: «Que a forza vos acompañe sempre!»
Día do xoguete
Os nenos de Infantil do noso colexio celebramos o Dia do Xoguete como vimos facendo dende fai uns anos despois das festas do Nadal. Os alumnos elixiron un dos xoguetes deste Nadal e trouxéronno á aula, xoguete que compartiron cos seus compañeiros e o finalizar o dia levárono para a casa.
O xogo e o xoguete son un medio de aprendizaxe e de interacción co medio para nenos e nenas desta etapa. Posibilitan a aprendizaxe de regras básicas, aceptación das normas, fomentan o desenvolvemento dunha actitude crítica, o coidado e a valoración cara os xoguetes que traemos…
Os xoguetes axúdanos a afianzar os seus coñecementos e aptitudes, e xogar en grupo axúdalles tamen a relacionarse. Socialmente, a facer concesións mutuas, a negociar, a ser xenerosos e amables.
A actividade resultou moi gratificante e os nenos felices de mostrar os seus xoguetes , compartilos e desfrutalos cos seus compañeiros.
Campo a través
O pasado venres 17 de xaneiro tivo lugar no Estadio Municipal de Fútbol Julio Mato “Matito” en Noia a fase intercomarcal de campo a través en idade escolar. O noso colexio tivo unha moi boa representación con dous alumnos, Simón Ageitos Somoza e Telmo Reino Pérez e unha alumna María Muñiz Rama nas súas correspondentes categorías.
Aínda que o posto é o de menos e o importante é participar, o noso alumno Simón clasificouse para o campionato provincial de campo a través que terá lugar no mes de marzo en Carballo.
Noraboa ós tres.
Save the children
Como vén sendo habitual ao rematar o trimestre a Comunidade Educatica celebra o Nadal en familia.
Durante dous días os alumnos amosan as súas creacións artísticas para deleite de pais, avós e mestres.
O broche final foi a Eucaristía da Familia na que se contou cun gran número de asistentes , contando coa participación do alumnado de diferentes etapas.
Os alumnos de E.I. iluminaron o altar ao inicio da celebración co anuncio da Estrela de Belén e as nais ofreceron a inocencia dos máis pequenos como símbolo do neno que nace en Belén .
Para rematar os alumnos da ESO presentáronos o Nadal como acollida e agradecemento ás familias pola súa colaboración na Campaña de recollida de alimentos.
OS PROXECTOS DE ROBÓTICA
Os alumnos e alumnas de Robótica de 3º e 4º de EP xa rematamos o noso primeiro proxecto: » o coche Speedy «. E como remate de trimestre saímos ao patio para comprobar cal é o máis veloz!
Como desfrutamos!
Nesta semana comezamos a nosa viaxe á lúa!
O noso 2º proxecto «Misión a la Luna» consiste na construción dun vehículo robotizado (Rover) para a exploración espacial.
Vainos quedar xenial!