As pombas e os corazóns estiveron ao longo deste mes engalanando o noso centro e acompañando as diferentes actividades realizadas por mestres e alumnos.
Seguimos coa campaña de recollida de alimentos , este mes os encargados foron 1º e 2º de EP.
Disputáronse os partidos de fútbol correspondentes á “Liga da Paz” onde se fomenta o xogo limpo, respecto ao equipo contrario e bo vocabulario.
Un ano máis participamos na carreira solidaria “Save the children”.
Este ano a nosa colaboración servirá para axudar a etnia “Rohingya”, obrigados a fuxir do seu país de orixe e vivindo dende hai anos nos campamentos de refuxiados de Cox Bazar (Bangladesh).
Familias, alumnos e mestres colaboran en todas as actividades arredor desta carreira.
Os máis pequenos do colexio participaron nas carreiras de triciclos.
Os alumnos de EP. disfrutaron cos diferentes circuítos organizados no polideportivo do colexio.