AVISO MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

  • Desde o luns 16, e durante 14 días, o profesorado (de primaria e ESO) irá programando  actividades das súas áreas a través da plataforma EDUCAMOS. Estas actividades estarán dispoñibles na casilla horaria correspondente ou a través do correo asignado á conta de usuario.
  • As actividades propostas serán de repaso, non se avanzará en contidos novos.
  • As familias que non teñen acceso a EDUCAMOS disporán dun acceso temporal no período que dure a suspensión das clases.
  • O centro cargará en conta a metade do custo dos servizos de pago mensual: Comedor e hora extraescolar. Dende ACTIVA tamén nos informan de que no vindeiro mes recalcularán a cota para compensar a suspensión das clases.

AVISO SUSPENSIÓN CLASES

Comunicamos que se suspenden as actividades lectivas desde o vindeiro luns 16/03/20. Mañá, venres, será opcional a asistencia ás clases, pero o recomendable, segundo a información que nos trasladaron desde a Consellería,  é que  as familias non envíen aos alumnos ós centros educativos.

Neste periodo de inactividade escolar, informaremos da data a partires da cal se retomarán as clases, por medio da plataforma educativa e da web.

Co restablecemento da actividade lectiva, procederemos á modificación das datas dos exames da 2ª avaliación e, tamén, das novas sesións de avaliación.

Apelamos a responsabilidade individual polo ben de todos.

O centro seguirá aberto para tarefas administrativas (recollida de documentación de admisión de alumnos, certificados …)

ELAS.

Dende o centro queremos concienciar do papel  que desenvolve a  muller na sociedade de hoxe en día e para iso reunimos a mulleres de  diferentes ámbitos laborais : sector pesqueiro,rama sanitaria e policía local e nacional.
Todas elas amósanse realizadas nos seus traballos que ao mesmo tempo compaxinan co de ama de casa, coidadora, mestra… Escoitamos de primeira man os atrancos cos que se atopan no día a día.

Dende aquí queremos agradecer a todas elas a súa colaboración porque sen “ELAS” non sería posible.