FIN DE CURSO 2019-20

O pasado venres 10 de xullo, a comunidade educativa do centro  reuniuse na capela  para celebrar unha Eucaristia de final de curso e de Acción  de Gracias.  

Nela agradecemos todo o vivido ao longo do mesmo e  dun xeito especial, a traxectoria de Domingo como director deste centro ao longo de 18 anos.  Foi un curso cheo de traballo e esforzo, que fomos capaces de sacar adiante grazas á constancia de todos. 

Queremos agradecer tanto a profesores como ás familias todo ese apoio. Non só ensinastes materias senón  tamén a saber vivir circunstancias diferentes.

 Feliz verán para tod@s!

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS PRIMARIA

FONDO LIBROS PRIMARIA

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de primaria: 3º,4º,5º e 6º EP. Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS, coa información dos  libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva no mes de setembro.

FONDO LIBROS ESO

En setembro publicaranse as listaxes correspondentes ao fondo de libros dos alumnos da ESO xa que o reparto depende das devolucións dos alumnos con materias pendentes.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS PRIMARIA

FONDO LIBROS PRIMARIA

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto de primaria: 3º,4º,5º e 6º EP. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.

Antes do 15  de xullo publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumno.

FONDO LIBROS ESO

En setembro publicaranse as listaxes correspondentes ao fondo de libros dos alumnos da ESO xa que o reparto depende das devolucións dos alumnos con materias pendentes.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

RECOLLIDA VALES AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Os solicitantes de axudas e material escolar que cursen a etapa de primaria no vindeiro curso, xa poden pasar a recoller os vales para adquisición de libros (1º e 2º EP) e os vales correspondentes a material escolar de toda a etapa de  primaria.

As datas e horas son as seguintes: MÉRCORES 8 E XOVES 9 DE 9:00 A 13:00

Lembramos que na recepción do centro será obrigatorio o uso da mascarilla e gardar a distancia de seguridade.