FESTIVIDADE DE SAN VICENTE DE PAÚL

Nestes tempos que vivimos de pandemia e incertidume, preséntasenos obstáculos no camiño, pero que estes nos sirvan como oportunidades para reinventarnos dende a prudencia e a responsabilidade. Que nos axuden a coller impulso para ser testemuñas do Ser Vicenciano que nos identifica. 

Feliz día de San Vicente dende a Comunidade Educativa!! 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO

FONDO LIBROS ESO

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto de ESO: Cada familia recibirá un correo electrónico na plataforma EDUCAMOS, coa información dos  libros asignados. Estes libros serán entregados aos alumnos cando se inicie a xornada lectiva.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS ESO

Publicado no taboleiro do interior do colexio a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros de texto da ESO. Todas as solicitudes resultaron admitidas e o reparto de libros dependerá da renda per cápita familiar e das existencias do centro.

Antes do 14  de setembro publicarase a listaxe definitiva na que se indicarán os libros que lle corresponden a cada alumno.

Según o artigo 13 bis da Orde do 12 de maio, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expe­diente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

EN MARCHA…..

Comenzamos un novo curso coa ledicia de sempre e cunha grande responsabilidade para esta nova situaciòn que nos toca vivir.O claustro aunou forzas para por en marchar a seguridade dos nosos alumnos . O valor da responsabilidade acompañaranos durante todo o curso para formar alumnos responsables para a vida.