25 NOVEMBRO

25 NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe aunamos forzas para dicir que frente á violencia de xénero sò cabe unha resposta “NON”.

Dende a etapa de E.I. ata a etapa da ESO  os  nosos alumnos tomaron conciencia da importancia de vivir sen medo, esforzándonos para ter unha convivencia sen conflictos.

Os barquiños  de  papel simbolizan o rumbo que temos que seguir para poder chegar a unha illa onde se albergan os nosos soños … como fixo Sira.

CRITERIOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

A quen vai dirixido?

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Orde do 6 de novembro

ESCOLA DE SUPERHEROES!

A etapa de primaria comezou un proxecto educativo para a preparaciòn dos nosos/as alumnos/as en superheroes.

Este ano máis que nunca están demostrando as súas boas cualidades para facer fronte a toda situaciòn que se lles poña diante.

Terán que esforzarse en mellorar de forma individual e en grupo coa consecuciòn de puntos para toda a clase.