Hoxe os alumnos de 1ºde primaria investigaron sobre “ afundir ou flotar”.
Mes: mayo 2021
OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA
AXUDAS E FONDO LIBROS 2021-22
Aberta a convocatoria de axudas, fondo e material escolar para o vindeiro curso 2021-22. Poden consultar a información na lapela AXUDAS LIBROS.
ARCA DE NOIA
Esta semana tivemos unha actividade fóra do ámbito escolar: a visita de dúas mozas voluntarias que pertencen á protectora Arca de Noia. Está adicada ao coidado e adopción de diferentes animais, especialmente cans e gatos. Fixemos a actividade na horta e trouxeron tres cans e dous gatos para ensinarnos unha serie de cousas sobre o coidado destes animais.
. Primeiro faláronnos de cans, dixéronnos que era mellor adoptalos porque hai moitos cans abandonados sen familias. Cando coidamos un can adquirimos unha responsabilidade coma se fose un novo membro da familia coas mesmas necesidades de saúde e comida. Os cans, aínda que preferentemente é mellor telos nunha casa con xardín para que se poidan mover, tamén os podemos ter nun piso, tendo en conta que precisan camiñar e facer as súas necesidades fóra.
Respecto aos gatos, podemos aplicar as mesmas observacións que fixemos cos cans con respecto á adopción, comida e saúde. Os gatos, a diferenza dos cans, realizan as súas necesidades nunha area especial e non precisan tanta mobilidade. Estamos moi agradecidos pola visita e a aprendizaxe que recibimos. Moitas grazas!!!
LETRAS GALEGAS 2021
Un ano máis, como cada 17 de maio, festexamos as Letras Galegas e o alumnado da ESO traballamos arreo para homenaxear a poeta Xela Arias cun “Gran Libro das Letras”.
Achegámonos á súa obra poética “Denuncia do equilibrio”, “Tigres coma cabalos”, “Darío a diario” e “Intempériome”. Tamén investigamos arredor da celebración e moitos dos autores que foran homenaxeados desde 1963. O resultado foi este libro no que todas as aulas da ESO tiveron o seu protagonismo.
A toda a comunidade educativa: Feliz día das Letras Galegas!
SANTA LUISA
FESTA DA PRIMAVERA
A semana pasada tivemos un día especial: celebramos a “benvida da primavera”. As tres aulas de infantil, seguindo todas as medidas derivadas do protocolo COVID-19, desfrutamos dunha merenda campestre, observamos e identificamos os cambios estacionais na contorna, visualizamos unha mostra de danza realizada por un grupo de alumnas de 4º de cuarto de educación primaria, xogamos, rimos e gozamos da compañía dos compañeiros/as de aula.
APRENDER A SER
STA LUISA DE MARILLAC
O PARACAÍDAS !
Os pequenos do colexio disfrutaron moito xogando na clase de psicomotricidade do venres. Tiveron o seu primeiro contacto co paracaídas, con el traballaron conceptos como arriba-abaixo, rápido-lento, o traballo en equipo…Xa que é moi importante o xogo e a implicación directa dos nenos para lograr a aprendizaxe.
Pasárono xenial !!