O penúltimo domingo de outubro, proclamado «Xornada Mundial das Misións» constitúe o punto culminante deste mes de outubro misioneiro. Durante todo este mes, e particularmente o domingo 24 proclamamos a importancia da misión para levar a bo porto a axuda e evanxelización dos pobos máis necesitados. Para impulsar esta labor, os misioneiros e misioneiras contan a todo o mundo o que ven e escoitan nos lugares onde axudan.
Mes: octubre 2021
SNAPPET
Os alumn@s de 5º e 6º de primaria comenzaron a traballar este mes coa plataforma Snappet como complemento ao libro de texto .
Unha nova ferramenta que axudará ao alumno a conseguir os obxectivos propostos adaptándose ao nivel e ritmo de cada un.
Esta nova metodoloxía foi acollida por parte do alumnado con moita satisfacción.
WELCOME CHRISTINE !
Un ano máis a auxiliar de conversa entra a formar parte do equipo docente para axudar aos nosos alumnos a mellorar no uso da lingua inglesa.
Christine tivo unha boa acollida por parte do alumnado co que traballara en pequenos grupos ,co obxectivo de personalizar a aprendizaxe .
UNHA CARTA DE ESPERANZA
Os alumnos de sexto de primaria escribiron unha carta para os alumnos da Palma co obxectivo de sensibilizarse cos nenos palmeros e animalos nesta situación pola que están a pasar.
MERENDA SOLIDARIA
Hoxe nas nosas merendas estiveron presentes todos os habitantes da illa da Palma .
CELEBRACIÓN DE S. VICENTE
Os días 27 e 28 de setembro todo o colexio estivo de festa. Foron uns días moi especiais para nós, xa que celebrábamos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade. Celebramos este día tan sinalado con diferentes actividades nas diferentes etapas. Todos recordamos a San Vicente e pedímoslle que nos axude a darnos aos demais, especialmente aos máis pobres, así poderemos ser máis felices, seguindo o seu exemplo.
Os alumnos de Infantil foron á capela cantado as cancións que preparamos nas aulas. Tódalas cancións foron de agradecemento ao noso querido San Vicente, porque el foi un gran amigo dos nenos.
Este ano, como novidade, estreamos o banco e o valado da amizade, para que ningún compañeiro se sinta só e poidamos compartir e agradecer todo o que temos.